Diego Adrián Mallo lanza a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN
Deu a coñecer as primeiras propostas do seu proxecto para a cidade e asumiu publicamente un decálogo de compromisos coa veciñanza

Diego Adrián Mallo, candidato á Alcaldía de Santiago por UCIN / Cedida
Diego Adrián Mallo presentou onte oficialmente a súa candidatura á Alcaldía de Santiago por UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) de cara ás eleccións municipais de 2027 nun acto aberto á cidadanía no que deu a coñecer as primeiras propostas do seu proxecto para a cidade e asumiu publicamente un decálogo de compromisos coa veciñanza.
Durante a presentación, o candidato destacou a "necesidade de construír unha alternativa municipal centrada nos barrios, no rural e nas necesidades reais dos composteláns e compostelás, baseada na proximidade, a transparencia e a participación cidadá".
Mallo afirmou que a súa candidatura nace coa intención de converter Santiago nun concello "máis próximo, máis eficiente e máis orgulloso da súa identidade, apostando por políticas útiles e realizables que melloren a calidade de vida da veciñanza".
Confianza da cidadanía
Ademais, o candidato sinalou que "a confianza non se pide, gáñase" e destacou que a política municipal debe estar baseada na honestidade, na rendición de contas e no contacto permanente coa cidadanía.
"Hoxe non presentamos só unha candidatura. Hoxe presentamos un proxecto para Santiago e asinamos un compromiso coa súa veciñanza. Queremos que Santiago volva ser unha cidade orgullosa de si mesma, que escoite aos seus barrios e ao seu rural, e que poña ás persoas no centro das decisións municipais", concluíu.
- Las nuevas rutas del aeropuerto de Santiago: todos los destinos a los que ya puedes volar sin escalas
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad