Entrevista | Goretti Sanmartín Alcadesa de Santiago
Goretti Sanmartín: «Hai dúas opcións: revalidar o BNG ou o PP, o mesmo dos tres alcaldes»
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confía na súa reelección nas vindeiras eleccións municipais de 2027 e apreza que só hai dúas posibilidades: a súa formación ou a dereita

A alcaldesa Goretti Sanmartín no Pazo de Raxoi / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibe a EL CORREO GALLEGO no Pazo de Raxoi para facer balance dos tres anos de goberno, comentar os proxectos pendentes de resolver neste último ano da lexislatura e valorar as posibilidades de revalidar o poder na cidade nas eleccións municipais de 2027. Unha convocatoria na que o principal rival, e até o de agora o único outro candidato coñecido xunto á propia rexedora, o líder do Partido Popular e deputado no Parlamento de Galicia, Borja Verea.
Só coñecemos a súa candidatura e a de Borja Verea (PP). Tendo en conta tamén a escisión no PSOE non parece que poida haber outro alcalde que non saia dun corpo a corpo entre Sanmartín e Verea.
Agora hai dúas opcións, sen ninguna dúbida, revalidar a confianza no BNG e poder seguir con esta transformación do modelo urbano ou o que nos ofrece o PP, que xa digo que é o mesmo dos tres alcaldes que estiveron en Santiago, que é o mesmo que estivo na Xunta, que é o mesmo do deputado no Parlamento que estivo votando sistematicamente contra os intereses de Santiago, coma o Estatuto de capitalidade, é unha cousa inaudita. Pero logo, creo que está ben que haxa máis opcións, que haxa persoas que se queiran presentar e ten que haber ademais xente que sume, porque na construción dun modelo de Santiago para o futuro é necesario que haxa distintas voces.
Unha recente enquisa deixa o PP a un edil da maioría absoluta, coa escisión do PSOE e sen saber aínda que máis candidatos vai haber, cre que está en perigo o bloque das esquerdas para gobernar?
Creo que imos á unhas eleccións onde podemos reafirmar un goberno liderado polo BNG ou polo PP. Nós imos traballar para que non sexa un goberno do Partido Popular e cremos que temos un aval moi importante, o traballo que levamos realizado nestes tres anos. Queremos que Santiago camiñe e creo que damos mostras moi claras con proxectos como o cambio no Ensanche (Santiago de Chile ou a Praza de Vigo), o conector central e o que significan obras que aposten pola sostibilidade.
Esa mesma enquisa tamén di que só PP e BNG son as únicas formacións que medran...
As enquisas hai que collelas con prudencia, falta máis dun ano para as eleccións e son enquisas onde non están aínda definidos nin quen van ser os candidatos e candidatas, nin que forzas se van presentar. A tendencia fundamental que se marca é que aquí hai esas dúas posibilidades: ou continuamos co BNG, coa transformación social de Santiago, elevando a reivindicación da nosa identidade, ou imos a un Partido Popular que sabemos o que é capaz de facer. Esa enquisa sinala é que o PP non tería maioría absoluta, polo tanto, non tería posibilidade de coller á alcaldía.
Dende que é alcaldesa Santiago superou á mítica cifra do 100.000 habitantes, a USC ten unha muller reitora por primeira vez na súa historia 500 anos despois, é probable que o ano que vén, Ano Xacobeo, o Papa León XIV visite Compostela... Vai todo mellor con Goretti San martín na alcaldía de Santiago?
Creo que non hai dúbida, mesmo os datos de redución do paro son moi importantes. Creo que temos esa consolidación das 100.000 persoas que residen aquí entre poboación de feito e de dereito, moita xente que ve que Compostela é un lugar bo de vivir. A min hai moita xente que me di: «Ao final comprei fóra ou aluguei fóra», porque era algo que acontecía historicamente, «Pero vou estar mirando que eu quero volver para Santiago». Están esperando que haxa consecuencias máis importantes derivadas das políticas que poidamos facer, aínda que non todo se poida facer dende os concellos. E creo que hai unha sensación de alegría que a min me traslada a xente, polo que temos que seguir avanzando.
- Las nuevas rutas del aeropuerto de Santiago: todos los destinos a los que ya puedes volar sin escalas
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La primera panadería ecológica de Santiago que empezó con un carro y un caballo: 'Nuestro pan es para gente que quiere cuidarse
- Llegan las fiestas más internacionales de Compostela: 10 días, en lugar de 15, en aras de la 'calidad