Visibilidade no espazo público
Rosón reivindica unha Compostela diversa e orgullosa de si mesma
As non adscritas penduraron a bandeira do arco da vella na súa xanela do Pazo de Raxoi

Muíños, Rosón e Castro, coa bandeira do arco da vella pendurada na ventá do seu despacho en Raxoi / Cedida
As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago sumáronse á celebración do mes do Orgullo coa colocación da bandeira arco da vella na xanela do seu despacho no Pazo de Raxoi. Un xesto co que queren reafirmar o seu «compromiso coa igualdade, a liberdade e a diversidade», segundo indicou Mercedes Rosón.
Rosón avanzou ademais que, coincidindo co remate das actividades do mes do Orgullo, as non adscritas presentarán unha iniciativa ao pleno municipal para reforzar a presenza permanente de símbolos do colectivo LGTBIQ+ nos espazos públicos da cidade.
A edil defendeu a importancia destes elementos como ferramentas de visibilización e inclusión social. Neste sentido, sinalou que «entendemos que a exhibición de símbolos do colectivo en espazos públicos pode contribuír a xerar un sentimento de seguridade e pertenza para quen forma parte da comunidade e, desde logo, contribúe a visibilizar a Compostela diversa e orgullosa de si que sempre fomos e que queremos seguir sendo».
Defensa da igualdade
As concelleiras non adscritas consideran que as administracións públicas deben manter un papel activo na defensa da igualdade e dos dereitos das persoas LGTBIQ+, especialmente nun contexto «no que se están a producir retrocesos e cuestionamentos de conquistas sociais acadadas tras décadas de mobilización».
Por iso, Rosón fixo un chamamento a seguir reivindicando os valores da diversidade e do respecto fronte aos discursos excluíntes. «Nós desde xa poñemos o noso grao de area nun mes no que, máis que nunca, debemos seguir erguendo os brazos fronte os discursos de odio que buscan deshumanizar, sinalar e invisibilizar ás persoas LGTBIQ+, poñendo en risco avances fundamentais froito da loita social», afirmou.
- El Apóstol 2026 arranca este miércoles con 30 conciertos gratis en Santiago: horarios y cartel
- Las nuevas conexiones nacionales de Lavacolla permitirán viajar a Italia por 30 euros
- Ghaleb Jaber Ibrahim, empresario e impulsor de la Fundación Araguaney, será el pregonero de las Festas do Apóstolo 2026
- Cambio de tiempo en Santiago: MeteoGalicia alerta de fuertes precipitaciones este lunes
- Una conductora se precipita con su coche desde el periférico al polígono de Costa Vella mientras escapa de la Guardia Civil en Santiago
- Pregón de las Fiestas del Apóstol: la concelleira descarta a Borja Iglesias
- Piden cuatro años de prisión para un policía urbanístico de Santiago por falsificar el informe de una obra en Fontiñas
- Muere Alfonso Tourís Nogueira, el enfermero y sindicalista que dirigió más de dos años el PSOE de Santiago