Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Cultura e historia galega

Os feitos históricos máis importantes de Compostela según este profesor do IES Rosalía de Castro

Entrevista a Rodrigo Costoya Santos, escritor das novelas históricas 'Portosanto', 'O custodio dos libros', 'Fillos de Gael', 'A última reliquia' e 'O século do milagro'

O profesor e escritor santiagués, Rodrigo Costoya Santos.

O profesor e escritor santiagués, Rodrigo Costoya Santos. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Belén Bertonasco

Belén Bertonasco

Santiago

O compostelán Rodrigo Costoya Santos (Torrelavega), xa ten no seu haber seis novelas históricas (Portosanto, O custodio dos libros, Fillos de Gael, A última reliquia, O século do milagro) que tratan temas que interesan a todo galego como é a súa historia. A súa última novela Fillos de Gael fala de memoria, raíces e identidade. O profesor de educación física do IES Rosalía de Castro e escritor cóntanos algúns fitos históricos de Santiago de Compostela, Galicia e do seu futuro na literatura.

Leva anos contando episodios decisivos da historia de Galicia. Hai algún recuncho de Santiago polo que pase habitualmente e que aínda consiga sorprenderlle coma se o vise por primeira vez?

Ben, si. En Santiago hai un montón de sitios. Porque a riqueza histórica de Santiago é tan inabarcable que, a cada paso, sae á memoria un montón de situacións e circunstancias que son descoñecidas. Eu resaltaría un espazo, un espazo en particular: o Museo de Arte Sacro de San Paio de Antealtares, onde está a ara de Antealtares, que é un elemento absolutamente fundamental na historia de Santiago e que toda a xente de Santiago debería coñecer.

Despois de varios libros ambientados en momentos clave da nosa historia, que atopou no mundo celta e gaélico que lle fixo sentir que aí había unha historia que necesitaba contar?

Todo o coñecemento sobre os mundos célticos e gaélicos, do arco atlántico europeo, sempre foi moi mal contado, con moi pouco rigor científico, ou, ben, se se facía mediante narrativa, eran narrativas eminentemente fantasiosas, non había. Faltaba ese relato histórico, fundamentado en feitos contrastados e aceptados a nivel académico e a nivel científico, e que, ao mesmo tempo, posuía unha novela de aventuras apaixonantes que puidese retratar a cultura e a forma de vida desas nacións. Faltaba por contar todo, realmente.

É profesor e escritor. Que lle ensinaron os seus alumnos sobre a forma de contar a historia que quizais non aprendería só entre libros e arquivos?

O que si aprendo de calquera cousa que vas contar á xente é que contala ben require moito esforzo. Calquera cousa require moito esforzo a nivel oral, hai que estar moi pendente da calidade e da comunicación para que realmente a información chegue ben, e máis aínda a nivel escrito, polo compoñente artístico que ten a literatura. Unha vez que te aseguras de contar a historia da mellor maneira posible, mantendo o ritmo, mantendo unha serie de factores que son necesarios, hai que escoller moi ben tamén o que se conta. E o que se conta ten que ser algo que lle xenere interese de verdade á xente.

Moitas persoas coñecen ao Rodrigo Costoya Santos novelista, pero menos ao docente. En que se parecen unha clase e unha novela histórica?

O obxectivo de contar cousas que sean realmente interesantes, que atrapen a persoa destinataria desas historias, está igual ao final no ámbito que te movas. A clave está aí. Que xenere interese nas persoas que lean unha novela ou nos alumnos que asistan a unha clase. Que non se perda nada, nin un segundo do tempo de atención das persoas e que cada segundo mereza a pena. Nos dous ámbitos.

O autor Rodrigo Costoya na Feria do Libro en Madrid

O autor Rodrigo Costoya na Feria do Libro en Madrid / Redes Sociales

As súas novelas adoitan partir dunha documentación moi rigorosa. Houbo algunha investigación que lle obrigase a cambiar unha idea que daba por certa?

Cando un se pon a escribir, digamos que o labor de documentación xa está rematado. O que sí que das conta é que temos unha mirada sobre o pasado moi estereotipada. Estamos cheos de clichés. Miramos ao pasado, miramos as pirámides de Exipto e vemos miles de escravos azotados cando realmente era persoal técnico altamente cualificado. Como iso, en case todo. Miramos a Idade Media e nos parece que eran todos superdevotos que peregrinaban de rodillas, que va. O que si, non houbo nada que eu descubrira que a metade da novela me fixera cambiar de rumbo.

Como escritor que vive e traballa en Santiago, como ve o momento actual da literatura galega e da novela histórica feita desde Galicia?

Vivimos globalmente un momento para a literatura moi interesante, positivo. Publícase moito, véndese moito, edítase moito. A nivel de Galicia, a literatura é un ámbito de resistencia. Pérdese oralmente un idioma. A gran fortaleza do idioma durante séculos foi sempre que a xente o seguía falando. Contrariamente ao que sucede neste tipo de narración, en Galicia resistía grazas a linguaxe oral. Curiosamente, que a linguaxe oral se está exterminando dunha forma escandalosa, a literatura galega si pode ser un ámbito de resistencia.

Na súa última novela, Fillos de Gael, fala de memoria, raíces e ididentidade. Nunha Galicia cada vez máis global e conectada co mundo, cre que seguimos necesitando mirar o pasado para entender quen somos?

Si, un dos labores fundamentais é a difusión e a divulgación histórica para entender a situación actual.

Despois de tantos anos estudando a historia de Galicia, hai algún mito ou idea preconcibida sobre o noso pasado que lle gustaría que os galegos revisásemos?

Hai centos ou miles, porque temos esa mirada tan estereotipada de cara ao pasado. Galicia é o lugar, onde está a tumba dun apóstolo, o mellor amigo de Cristo. Sería máis que conveniente que todos os galegos e as galegas soubesen a verdade sobre iso. Polo tanto, me parece que sería ben saber cando a identidade dun pobo está fundamentada en mitos, mitos fundacionais como este e cando realmente está fundamentada con feitos históricos.

Se tivese que recomendar a alguén que visita Santiago por primeira vez un único lugar para entender a alma de Galicia, cal sería e por que?

A praza do Obradoiro, sen dúbida. Están representados os poderes das sociedades: o relixioso, o civil, a identidade universitaria e a identidade tamén dos peregrinos. E aí é onde é o epicentro dun país.

Cando sae do instituto despois dunha xornada de clases e volve a casa polas rúas de Santiago, séntese máis profesor, máis escritor ou simplemente un compostelán máis?

Nese traxecto dende o colexio a casa, síntome peregrino, porque vexo e atraveso a praza da Quintana ou praza do Obradoiro para volver a casa. Sempre me acordo dos meus camiños a Santiago.

Tracking Pixel Contents