Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Luz verde a un parque infantil na antiga estación de Berdía

Míriam Louzao, portavoz do Goberno local de Santiago, en rolda de prensa.

Míriam Louzao, portavoz do Goberno local de Santiago, en rolda de prensa. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Santiago

A xunta de goberno do Concello de Santiago aprobou onte o expediente para licitar a construción dun parque infantil e biosaudable na antiga estación de Berdía. Esta actuación, incluída no POS 2025, ten un orzamento base de 150.000 euros (IVE incluído) e dotará a zona dunha área de xogos infantís de 269 m2 e outra de exercicios biosaudables de 275,89 m2, ademais de arranxar 89,08 m2 de senda peonil.

Por outra banda, o goberno local acordou solicitarlle unha axuda á Deputación Provincial da Coruña por importe de 240.000 euros para o proxecto singular de turismo sustentable Compostela Única, que ten un orzamento total de 300.000 euros. A proposta artéllase arredor de tres eixos principais: cultural, de natureza e gastronómico.

Tamén se aprobaron as bases da convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado, cunha contía de 330.000 euros, e das axudas individuais para o uso do servizo de taxi para as persoas con dificultades de mobilidade, dotada con 15.000 €.

Tracking Pixel Contents