Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Festigal 2026 xa ten cartel: Mercedes Peón, Grande Amore e Carunchos encabezan a nova edición en Santiago

A programación musical arrincará o 24 de xullo a partir das 21.45 horas coa actuación de Fuego Lolita, banda emerxente de Compostela e gañadora do certame Novos Valores desta edición

Presentacion Cartaz Festigal 2026

Presentacion Cartaz Festigal 2026 / Festigal

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Lucía Martínez

Lucía Martínez

Santiago

O Festigal volve un ano máis ao Campus Vida de Santiago, cunha programación que combina artistas consagrados con novas voces emerxentes, feira do libro, artesanía, debates e outras actividades que se desenvolverán durante os días 24 e 25 de xullo.

Mantendo o galego como eixe vertebrador, o Festigal 2026 "non aspira a ser un macrofestival, o que pretende é ser un festival que brille coa luz propia que fai o traballo colectivo e a colaboración de todas e todos, desde os artistas, as asociacións, ata as editoriais”, destacou durante a presentación do cartaz a coordinadora xeral do festival e secretaria da Fundación Galiza Sempre, Lucía Veciño.

Durante a mesma tamén fixo fincapé no reparto de fondos públicos por parte da Xunta: "Observamos cunha ollada crítica ao reparto de fondos públicos por parte da Xunta de Galiza a festivais que enchen a súa programación con artistas que cantan en castelán".

Cartaz cos artistas do Festigal 2026

Cartaz cos artistas do Festigal 2026 / Festigal

Artistas Festigal 2026

A programación musical do Festigal arrincará o 24 de xullo a partir das 21.45 horas coa actuación de Fuego Lolita, banda emerxente de Compostela e gañadora do certame Novos Valores desta edición.

Seguidamente será o turno de Nadie González, Mercedes Peón e Grande Amore, que repite como artista xa “familiar” do festival.

Kuartetas comezarán a xornada o 25 de xullo na carballeira, para continuar con Carunchos, Orquestra BravúXangai e pechar a noite con Maruxa e CoraliaDilleis.

Outras actividades do Festigal

Paralelamente as actuacións musicais, o Festigal contará coa Feira do Libro cunha ducia de editoriais e librarías, un Espazo de Mercado con medio cento de profesionais da artesanía, a Galería das Letras e das Ideas para debates e presentacións, e o Festigal Miúdo, un dos espazos máis demandados polo público infantil, cuxa programación completa se dará a coñecer este venres.

Como gran novidade desta edición, o Festigal contará cunha mesa de sinatura e un obradoiro de castells dirixido pola asociación Castells de Santiago.

O festival promovido principalmente pola organización xuvenil Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre celébrase durante os días grandes das Festas do Apóstolo de Santiago e a súa entrada é de balde.

Tracking Pixel Contents