Entrevista | Mercedes Rosón Concelleira non adscrita e candidata á Alcaldía de Santiago
"Os partidos de Santiago saben que existe un espazo político para nós"
Mercedes Rosón anunciou esta semana que encabezará unha candidatura propia nas próximas eleccións municipais
Asegura que o primeiro que faría como alcaldesa é organizar

Mercedes Rosón, na Rúa Nova de Santiago / Jesús Prieto

Mercedes Rosón liderará unha candidatura ás próximas eleccións municipais xunto aos outros tres concelleiros expulsados do PSOE. Asegura que, pese a que existen varias forzas progresistas representadas no Pazo de Raxoi, hai espazo para a súa proposta, que define como "libre progresista e feliz".
Hai varias forzas progresistas representadas en Raxoi. Que espazo político queda libre para a súa proposta?
Hai un espazo importante para nós. Non debera dicilo eu, pero creo que case todos os partidos oficiais son conscientes de que si que existe ese espazo para nós.
Como concelleiros non adscritos, está custando máis facer chegar o traballo que fan ao non estar baixo o paraugas dun partido?
Ante unha situación tan estraña como a que vivimos, tan inédita e complicada de entender, é realmente sorprendente como a cidadanía durante estes dous longos anos entendeu precisamente o que pasaba. Ante as eleccións, no imaxinario da xente é como se non existira a posibilidade de que quedemos fóra do próximo mandato, e o único que nos move é a cidadanía.
Reivindicación do traballo en equipo
Que faría nos primeiros cen días se fose alcaldesa?
Poñer todo o andar, con moita coordinación, moito traballo, moita sensatez. É o que fixen sempre na miña vida, traballar e coordinar. Unha das miñas virtudes é saber traballar en equipo, algo moi importante para sacar adiante calquera proxecto, e máis un concello como Santiago.
Cre que iso está fallando no goberno actual?
Ese traballo falla no goberno actual e fallou tamén en anteriores gobernos, iso é unha realidade. É absolutamente imprescindible en calquera proxecto, o que sexa, traballar en equipo, de maneira coordinada, e con todo o mundo comprometido no mesmo obxectivo.
A vivenda, o asunto máis urxente a abordar
E a longo prazo, que asuntos son máis urxentes?
É imprescindible resolver o tema da vivenda. O problema máis importante que temos é a necesidade de vivenda asequible e digna. Iso require tamén dun traballo conxunto coas outras administracións públicas sen tensións e co obxectivo de xerar as vivendas que tanto necesitamos. Ademais, hai que mellorar os servizos sociais e abordar a situación da mobilidade, un asunto pendente desde hai varias décadas.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete