PP de Santiago
O Memorial Jesús Pampín amosa a cara máis solidaria do deporte compostelán
O torneo de fútbol 8 permitiu recadar fondos para a Fundación Andrea
A xornada completouse cun partido amigable entre un equipo de xornalistas e outro de políticos

Saque de honra do torneo realizado por Iván Raña / Cedida
As instalacións deportivas de Santa Isabel acolleron este sábado o I Memorial Solidario Jesús Pampín, unha cita que reuniu a seis equipos de fútbol 8, nunha xornada na que o deporte e a solidariedade foron os grandes protagonistas. O torneo, organizado polo Partido Popular de Santiago, en beneficio da Fundación Andrea, naceu coa vontade de converterse, ademais, nun referente solidario na cidade e de render homenaxe á figura de Jesús Pampín, moi vinculado ao deporte e á vida pública compostelá.
O saque de honra correu a cargo do atleta olímpico, Iván Raña, un dos deportistas galegos máis importantes da historia e un referente do triatlón en España, que quixo sumarse a esta iniciativa solidaria, achegando o seu apoio á causa e contribuíndo a dar maior visibilidade ao labor da Fundación Andrea.
Implicación dos participantes
O líder do PP de Santiago, Borja Verea, destacou a excelente resposta dos participantes e agradeceu a implicación de todas as persoas, equipos, colaboradores e patrocinadores que fixeron posible a celebración desta primeira edición. Ademais, puxo en valor o papel do deporte como ferramenta para educar en valores, fomentar a convivencia e apoiar causas solidarias. "O mellor resultado desta xornada é comprobar que Santiago sabe responder cando se trata de axudar aos demais", explicou Verea, quen lembrou tamén que a totalidade dos fondos recadados destinaranse á Fundación Andrea, co fin de apoiar o seu labor de acompañamento a nenas e nenos con enfermidades crónicas ou de longa duración e ás súas familias.

Foto de familia dos participantes no torneo / Cedida
Pola súa banda, a presidenta da Fundación Andrea, Charo Barca, agradeceu a organización do torneo e a xenerosidade de todas as persoas que participaron nesta iniciativa solidaria. Barca destacou que "a recadación contribuirá a reforzar o traballo que desenvolve a entidade na humanización dos espazos pediátricos, nas súas casas de acollida en Santiago e no financiamento de terapias como fisioterapia, logopedia e atención psicolóxica para os menores".
Así mesmo, Almudena Pampín, como representante da familia, quixo agradecer a todas as persoas que fixeron posible o evento, que leva o nome do seu pai, e desexou que esta cita poida repetirse en vindeiros anos. A xornada completouse cun partido amigable entre un equipo de xornalistas e outro de políticos, un encontro que puxo a nota de color ao torneo nun ambiente distendido.
Entrega de premios
O acto concluíu coa entrega dos trofeos aos equipos e xogadores máis destacados do torneo. O premio ao mellor xogador foi para José M. Bonome, mentres que Natalia Palmou recibiu o galardón á mellor xogadora. O Barceló FC foi distinguido co Trofeo ao Equipo Máis Deportivo e gañador da memorial. O resto da clasificación pechouse co Aston Birras gañador do terceiro posto e o segundo clasificado foi o equipo Rías Baixas CF.
Ademais, a fila cero permanecerá aberta durante toda a próxima semana, para que todas aquelas persoas que o desexen poidan colaborar a través do Bizum de Donativos 00908.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago
- El diésel y la gasolina cambian de precio este martes tras la bonificación del Gobierno: así queda el precio del litro en Santiago
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro