Muralismo
Unha galería de arte urbana no corazón do Ensanche: unha nova vida para o espazo que une Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo
O proceso creativo xa está en marcha e aberto ao público, que pode descubrir como traballan coordinadamente oito muralistas galegos

Jesús Prieto
Mou, Xoana Almar, Nove Noel, Sokram, Lidia Cao, Yoseba, Miguel Peralta e Sekone son os artífices deste museo “gratuíto” de arte urbana que dende o luns se está a crear, promovido pola Concellaría de Xuventude, nas galerías que unen a Avenida Rosalía de Castro coa Rúa Nova de Abaixo, en pleno corazón do Ensanche compostelán.
Tratase dun proxecto colectivo e cooperativo que busca, coa implicación da comunidade de propietarios do edificio, darlle unha nova vida a este espazo que, a pesar de ter actividade comercial e empresarial, se atopa dende hai tempo en estado de degradación nas zonas comúns.
O proceso de creación xa comezou no número 31 de Rosalía de Castro o pasado luns 29 de xuño e vaise estender, aproximadamente, até o 20 deste mes. Unhas semanas nas que residentes, viandantes e curiosos poden visitar as galerías para coñecer a evolución dos murais e ver in situ como traballan os muralistas.
Cada un dos oito artistas intervén en cadansúa parede das galerías mais realizarán unha acción común no espazo final que dá á Rúa Nova de Abaixo. “Unha galería de arte urbana gratuíta”, explicaba Mou na presentación do proxecto no lugar da intervención para expoñer que “parte importante para o gremio muralista galego é o de compartir experiencias” creadoras coma esta, sobre a que tamén agradeceu a Concello e veciños a “liberdade creativa” que lles permiten exercer neste museo de murais.

Unha galería de arte urbana no corazón do Ensanche / Jesús Prieto
Mocidade e espazo público
A concelleira de Xuventude, María Rozas, defendeu na presentación do proxecto a traxectoria do departamento que dirixe dende hai tres anos en canto á promoción de “proxectos de muralismo, en centros educativos e diferentes espazos da cidade”.
Rozas destacou “a capacidade transformadora da arte urbana para a recuperación de espazos degradados” pero tamén o feito de que “a mocidade forme parte do espazo público”. Unha mocidade que ten agora, ademais da posibilidade de habitar un escenario esteticamente máis fermoso, a ocasión de coñecer como os muralistas desenvolven o seu traballo e, se cadra, seren algúns deles os muralistas de mañá.

Unha galería de arte urbana no corazón do Ensanche / Jesús Prieto
Uns artistas urbanos, os galegos, con recoñecido prestixio nacional e internacional que nos últimos anos e grazas á reivindicación colectiva viron, como apuntou Xoana Almar, “que podemos vivir deste traballo”. Unha cuestión que non era así cando estes muralistas comezaron a plasmar no espazo público as súas obras e á que se chegou “grazas á defensa do noso traballo” e ao compromiso propio coa seguridade laboral ata chegar á “profesionalización” do gremio.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago
