Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PARKING CHUS

Sanmartín cualifica como "moi boa noticia para a veciñanza de Santiago" a nova proposta da Xunta para o aparcadoiro do Hospital Clínico

A alcaldesa de Santiago non oculta que dende a sinatura do protocolo interadministrativo pasaron "dous anos moi longos" nos que se solicitou dende Raxoi "informal e formalmente" que se reunise a comisión de seguemento

O aparcadoiro do CHUS leva anos con graves problemas de saturación

O aparcadoiro do CHUS leva anos con graves problemas de saturación / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

"A mellor noticia desta semana é que hai por fin unha proposta para ter o aparcadoiro no hospital, creo que é unha noticia moi boa para o conxunto da veciñanza de Santiago e de toda a nosa área sanitaria". Comezaba así a súa intervención na sala de prensa de Raxoi, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, sobre o plan de obras que se está a tramitar como PIA (Proxecto de Interese Autonómico).

"Non vou ocultar que foron dous anos moi longos", matizou Sanmartín en relación coa cualificou como "unha obra esperada e unha infraestrutura imprescindible en Compostela", en referencia ao grave problema de estacionamento que dende hai anos afecta o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e do que agora a Xunta anuncia unha muda no plan inicial e a creación de 1.500 novas prazas de aparcamento.

Así e todo, Goretti Sanmartín asegurou que dende o executivo local non se quere "que esta demora nos faga perder de vista o realmente importante, que é avanzar e resolver o problema". A alcaldesa asegura que, nesta cuestión, do que se trata é de que "haxa solucións" enriba da mesa e que "contemos co aparcadoiro necesario, con eses accesos e cunha reordenación de toda a zona".

A rexedora de Santiago insistiu en que dende o goberno local se segue a considerar que o estacionamento, que se realizará en altura "debería de facerse preferiblemente no subsolo" porque "críamos que esa era a mellor das solucións porque había que compaxinala con resolver a contorna cunha calidade urbana importante".

Sanmartín defendeu tamén o acordo coa Xunta, "no que se recolleu unha contribución municipal moi xenerosa", en relación ao compromiso municipal de financiar o 10% do custo dos terreos e das obras e á bonificación do 95% do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras) e do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles).

A alcaldesa ratificou, como pediu a administración autonómica, que dende o Concello de Santiago se vai preparar unha nova zona de aparcadoiro provisional con 500 prazas "aínda que sabemos que é insuficiente para as necesidades que hai", mentres a Xunta comeza os traballos na zona sur do recinto do CHUS, lindante coa avenida Mestra Victoria Míguez.

Sanmartín tamén apunto que "esperaremos a ter o anteproxecto que detalle urbanista e arquitectonicamente as solucións e agardamos que todos os procesos administrativos a partir de agora se axilicen".

Cambio de localización

A rexedora compostelá, Goretti Sanmartín, fixo referencia aos plans do líder do PP local, Borja Verea, sobre a obra do aparcadoiro do CHUS que sempre reivindicou como un parking en altura e asegurou que "este cambio de localización, aínda que supoña contrariar ao portavoz do Partido Popular, que xa tiña modelado o aparcadoiro á súa maneira, parécenos unha boa idea".

"A idea de fondo é exactamente a mesma"

Borja Verea

— Voceiro do Partido Popular de Santiago

A estas palabras respondía Verea defendo que "no fondo é exactamente a mesma" proposta "política que presentamos nós" e que a día de hoxe é un proxecto técnico, pero a solución é a mesma "un aparcadoiro en altura integrado na contorna hospitalaria". Para o voceiro popular, igual que para a alcaldesa, "o importante agora é que o proxecto avance con axilidade e que os composteláns poidan ver os resultados canto antes".

Dende Raxoi considérase que o novo plan vai reducir o tráfico rodado na zona superior e permitir a entrada peonil aos edificios e que "permitir que se ordene de xeito máis convinte o terrero libre". Aínda así, Sanmartín insistiu en que "falta por facer unha reflexión arquitectónica sobre o proxecto e, de momento, non se tiverou en conta parámetros de ordenación dos pazos". "De todas maneiras", asegurou a rexedora, "confiamos en que todo se vai resolver convintemente, sen ningunha dúbida".

Tracking Pixel Contents