Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

Ditea, grupo de Santiago, parte da xornada de teatro amador no Gaiás nun domingo coa clausura de Curtocircuíto na Zona Vella

A Cidade da Cultura ofrece, con entrada libre, un maratón de teatro. E o cinema é protagonista no Principal

Elenco de "Petición de man", obra teatral do grupo Ditea. Na dereoita, plano de "Fomos ficando sós" (Adrián Canoura, 2026)

Elenco de "Petición de man", obra teatral do grupo Ditea. Na dereoita, plano de "Fomos ficando sós" (Adrián Canoura, 2026) / Cedida + A. C.

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Xabier Sanmartín

Xabier Sanmartín

Santiago

Ditea, grupo de Santiago é parte da xornada de teatro amador no Gaiás nun domingo coa clausura de Curtocircuíto. A Cidade da Cultura ofrece, con entrada libre, un maratón de teatro e o cinema é protagonista no Principal, todo iso e máis na axenda de cultura.

Clausura de Curtocircuíto cun filme de Adrián Canoura

A 23ª edición do Curtocircuíto (Festival Internacional de Cinema) despídese este domingo, ás 20.30 horas no Teatro Principal, cun acto de clausura que incluirá a entrega do Premio Especial Curtocircuíto Atlas a Marie Losier, xunto con outras distincións do certame, e que concluirá coa proxección do filme "Fomos ficando sós" (Adrián Canoura, 2026).

Conducida por Carlota Mosquera, a gala contará coa participación da alcaldesa Goretti Sanmartín; da concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica, Míriam Louzao; da xerente da Axencia Galega das Industrias Culturais, María Antón Vilasánchez; do director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; do director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, do director do Festival, Pela del Álamo; e do citado cineasta Canoura; alén da presenza de integrantes dos xurados e equipo de Curtocircuíto, de representantes das entidades colaboradoras.

Ditea, grupo de Santiago, parte da xornada de teatro amador no Gaiás

A Federación Galega de Teatro Amador (Fegatea) conmemora este domingo (con entrada libre) os 26 anos de andadura nunha xornada festiva no Gaiás cun programa con case 20 actuacións de formacións de toda Galicia. A compañía teatral picheleira Teatro de Cámara Ditea fai unha función curta ás 16 horas, chamada Petición de man pero hai representacións nun espazo interior da Cidade da Cultura desde ás 10 hoaras ata as 19 h. Tamén participan agrupacións de teatro amador como Pena Furada Teatro, Fauna 113, Porta Aberta, O Canteiro, O Trasno Teatro, Teatro Escoitade, Troate, ¡Abran Paso!, Tiruleque, Atrezo, Teatro das Aras, Desfeita e Andaravía Teatro Papaventers.

Ver o programa completo de horarios das obras de teatro da xornada de Fegatea

Tracking Pixel Contents