Centros escolares
Raxoi abre a solicitude de praza en madrugadores e comedores para o curso 2026-27
Todas as familias deben preinscribirse, dende mañá, na nova aplicación, tamén aquelas que xa gozan do servizo

Alumnos da escola infantil unitaria do Rial, en Laraño / Antonio Hernández

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, anunciou este luns a aprobación, por parte da xunta de goberno local e pola vía de urxencia, da apertura da convocatoria para a solicitude de prazas para dispor no curso 2026-27 nos servizos de madrugadores e comedor dos centros escolares de titularidade municipal e nas escolas unitarias do rural.
A edil insistiu na súa intervención na necesidade de que “todas as familias” fagan a solicitude a través da nova aplicación de titularidade municipal, “tamén as familias que xa gozan do servizo deben darse de alta na aplicación municipal”. Os prazos de preinscripción dan comezo este martes 7 de xullo e finalizan o día 27; dende o 30 de xullo ao 19 de agosto deberá achegarse, a través da mesma app, a documentación requirida. Toda a información se comunica tamén ás familias a través da aplicación Abalar da Consellería de Educación.
Míriam Louzao explicou que para o vindeiro curso se vai contar cun total de 1.462, cando na actualidade a cifra é de 1.100, e indicou que se manteñen os prezos fixados en 2019: 4,5 euros o xantar e 1,94 o almorzo. Ademais, se o número de solicitudes recibidas supera a capacidade máxima autorizada para cada comedor “o 21 de agosto publicaranse as listaxes de admisión priorizando na adxudicación os grupos de especial protección social e vulnerabilidade, as familias necesidades de conciliación laboral e, finalmente, outros supostos”.
Avances do Bipartito no seu plan para os colexios
A concelleira de Educación fixo mención a que esta nova aplicación de titularidade municipal está integrada nos cambios que o goberno local quere introducir no sistema de comedores dos centros de ensino dos que é responsable. Mais tamén fixo mención a outros avances, alén de que non haxa que mudar o sistema dependendo da empresa que resulte adxudicataria do servizo.
“Seguimos traballando nesa creación dun servizo propio municipal, e seguimos avanzando en cuestións coma o regulamento do servizo”, anunciado o pasado mes de xuño coa activación da consulta previa para súa elaboración, “ou a licitación temporal do novo contrato que fixemos en lotes”.
Míriam Louzao lembrou que para o servizo de monitorado se fixo un contrato por dous anos, prorrogable outros dous, “porque a idea é que continue facéndose desta forma pero para o servizo de alimentación licitámolo por un ano coa previsión de que despois pase a facerse xa dende a cociña propia”.
Sobre este punto a edil afirmou que “este contrato está a piques de adxudicarse, xa tivemos varias mesas, e inclúe tamén melloras relacionadas coa nutrición e cunha atención máis persoal” dos nenos e nenas.
Titularidade local
A edil Míriam Louzao lembrou que tamén están afectadas pola muda na forma de solicitude de praza en madrugadores e comedor as tres escolas do rural compostelán: as unitarias Bispo Teodomiro, a do Eixo e a de Laraño.

Un neno nun comedor escolar dun centro educativo de Santiago / ECG
Xunto a estas tres escolas, os demais centros municipais que contan cos servizos de comedor son: Apóstolo Santiago, Quiroga Palacios, Fontiñas, Roxos, Vite, Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e, no Arquitecto Casas Novoa, só madrugadores.
- El gallego licenciado en la USC por el que apuesta RTVE para presentar ‘Directo al grano’ tras los cambios de Javier Ruiz, Jesús Cintora y Gonzalo Miró
- Muere María Pardo, la exconcejala de Santiago que gestionó tres años el urbanismo de la ciudad y ejerció de portavoz del PP
- La profesora compostelana que encontró su lugar en Australia: 'En Galicia deberíamos vivir más enfocados en nuestra naturaleza
- La Panadería Moure dice adiós a Pontepedriña tras más de 70 años: «Los clientes venían porque les gustaba nuestro pan, pero también por el trato»
- Un vehículo se sale de la vía en una calle de Santiago, se empotra contra un banco y deja varias personas heridas
- Cuatro orquestas y diez conciertos: la gran verbena con Los Satélites que llega esta semana a 30 minutos de Santiago
- La reina de las flores: un recuerdo a María Pardo
- Los compostelanos que resisten a la presión turística: vivir y trabajar en la zona vieja de Santiago