Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Catro iniciativas emprendedoras da USC pasan á final nacional dos Santander X Spain Awards

Os proxectos Nail TTools, Corata e Energhius, xunto a startup Opgan Tech, S.L.U, foron elixidos na fase de validación e lanzamento ao mercado e recibiron 2.000 euros

Nail TTools, Corata e Energhius, xunto a startup Opgan Tech, S.L.U, recibirán unha dotación económica de 2.000 euros.

Nail TTools, Corata e Energhius, xunto a startup Opgan Tech, S.L.U, recibirán unha dotación económica de 2.000 euros. / Santi Alvite

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.R.

Santiago

Tres proxectos e unha startup do sistema emprendedor da Universidade de Santiago (USC) quedaron clasificados na final local dos premios Santander X Spain Awards | Proyectos Emprendedores Universitarios 2026 que tivo local no edificio Emprendia de Santiago. Trátase dos proxectos Nail TTools, Corata e Energhius e da startup Opgan Tech, S.L.U.

O certame ten como obxectivo identificar, recoñecer e potenciar os mellores proxectos e startups nacidos no seo da comunidade universitaria que se atopan en fase de validación e lanzamento ao mercado.

Na categoría de Proxectos, os tres galardóns foron para iniciativas cunha forte compoñente tecnolóxica e social: Nail TTools está enfocado ao deseño ou optimización de ferramentas e solucións tecnolóxicas avanzadas/ergonómicas, Corata é unha plataforma intelixente enfocada na transformación de datos psicosociais para a formación profesional dirixida por África Méndez e Sergio Dacal e Energhius é unha tecnoloxía que permite crear nodos IoT sen baterías.

Pola súa banda, na categoría de Startups a gran vencedora foi Opgan Tech, S.L.U., a firma impulsada por Aina Mena, estudante de Robótica no Campus Terra, que revoluciona a xestión integral das granxas gandeiras mediante a automatización.

Un premio de 2.000 euros e acceso directo á fase nacional do concurso

Cada un dos proxectos galardoados recibirá unha dotación económica de 2.000 euros destinada integramente ao desenvolvemento e escalado da súa solución. Ademais, este recoñecemento outórgalles o acceso directo á fase nacional do Santander X Spain Award | University 2026, onde competirán coas mellores propostas de todo o Estado, gañando visibilidade e a opción de optar a novos incentivos económicos e mentorías especializadas.

Un xurado de expertos multidisciplinar encargouse de avaliar as propostas en función do seu potencial de impacto, innovación, escalabilidade e vantaxe competitiva. O comité avaliador estivo integrado por Óscar Castro Campos (director da oficina do Banco Santander no Campus Sur da USC), Adrián Vázquez Espandín (xefe do Servizo de Emprego por Conta Allea da Xunta de Galicia), Rosa Corral Regueiro (asesora de emprendemento nos Polos de Emprendemento da Xunta de Galicia), Olga Rivas Iglesias (directora da Fundación Roberto Rivas) e José Luis Villaverde Acuña (director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC).

Tracking Pixel Contents