Asociacións
O PP denuncia o atraso "inxustificable" nas subvencións ao comercio
Otero sinala «a demora no aboamento das axudas correspondentes ao ano 2025»

Olaya Otero, concejala del PP de Santiago, en una rueda de prensa en Raxoi. / Cedida
Redacción
A concelleira do Partido Popular de Santiago, Olaya Otero, ven de denunciar «o atraso no pagamento das subvencións competitivas concedidas ás asociacións de comerciantes da cidade, correspondentes ao exercicio 2025, o que supón unha situación inaceptable, xa que está a prexudicar directamente ao comercio de proximidade», sinalou.
Otero lembrou que «estas axudas teñen como finalidade impulsar a dinamización comercial, apoiar as campañas de promoción e reforzar a competitividade dun sector que leva anos afrontando importantes dificultades», polo que, subliñou, «non ten sentido que o goberno de BNG e CA aprobe unhas subvencións e, moitos meses despois, as entidades sigan sen percibir uns fondos cos que contaban para desenvolver a súa actividade».
«Este retraso está a provocar importantes problemas de planificación, organización e xestión ás asociacións de comerciantes, que dependen destes recursos para levar adiante numerosas iniciativas en beneficio do tecido comercial compostelán», sinalou a edil popular.
Por este motivo, «o Partido Popular de Santiago insiste en preguntar ao goberno de BNG e Compostela Aberta en que situación administrativa se atopan os expedientes de pagamento e cando prevé facer efectivo o aboamento das subvencións». Olaya Otero subliñou que «comercio local non pode seguir pagando as consecuencias da falta de dilixencia do goberno nacionalista e as asociacións merecen certezas e o cumprimento dos compromisos adquiridos polo goberno de BNG e CA».
Finalmente, a concelleira popular lembrou que «xa sendo Marta Lois concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico, Comercio e Turismo do goberno de CA, con Martiño Noriega, tivo que pedir desculpas expresas e asumir responsabilidades por non ter pagado en prazo subvencións destinadas ao comercio local, polo que esta non é unha situación orixinal e un caso puntual, senón unha forma habitual de comportamento que vai en prexuizo da cidade».
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”