O PSOE leva ao Parlamento a urxente "culminación das obras de climatización" do Hospital de Conxo
O deputado socialista Aitor Bouza denuncia a situación que están a sufrir pacientes e familiares no centro hospitalario polas altas temperaturas rexistradas nas habitacións

Hospital Provincial de Conxo / Antonio Hernández
"É absolutamente vergoñento", afirmou o deputado e secretario xeral dos socialistas de Santiago, Aitor Bouza, que acusou á Xunta de Alfonso Rueda de trasladar aos pacientes a responsabilidade de soportar unha situación que debería estar resolta pola administración sanitaria, en referencia ás altas temperaturas soportadas no Hospital de Conxo nos últimos días, pese ás obras de climatización realizadas no centro hospitalario.
Para Bouza, "ese é o sistema que está promovendo o Partido Popular en Galicia, o sistema sanitario que quere implementar en Santiago de Compostela". Ante esta situación, Bouza anuncia que os socialistas levarán esta cuestión ao Parlamento de Galicia. "Non o imos a permitir", asegura ao tempo e insiste en que vai reclamar que "se culminen canto antes todas esas obras para que o sistema de climatización sexa unha realidade e non soamente unha promesa".
O líder do PSOE local critica que a Xunta de Galicia, "está vendendo esta obra coma se estivera finalizada, coma se fora un éxito", a pesar de que pacientes e familiares se viron na necesidade de "levantar a voz polas condicións absolutamente inhumanas nas que se atopaban". Aitor Bouza apuntou que os denunciantes aseguraron que "nalgunhas das habitacións chegaron a ter 30 graos".
A resposta da Consellería de Sanidade, repercute para Bouza e o PSdeG en que "lonxe de resolver o problema, agrávao aínda máis", posto que "en vez de rectificar e poñer solucións, a única que se lles deu ás persoas ingresadas foi optar porque poden traer eles mesmos o seu propio ventilador".
O deputado socialista advertiu de que non se pode permitir que "haxa pacientes de primeira e pacientes de segunda". Por iso, esixiu ao Goberno de Alfonso Rueda que deixe de mirar cara outro lado e actúe con urxencia para garantir unha atención sanitaria en condicións.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora