Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Peregrinos e turistas

Raxoi defende o traballo para regular os fluxos de visitantes na contorna da Catedral

O Concello traballa con Turismo de Galicia e co arcebispado e procura poñer a andar unha aplicación que indique a xente que hai na cola para acceder ao templo

Imaxe da Praza das Praterías e as colas de acceso á Catedral durante a festividade de San Xoán

Imaxe da Praza das Praterías e as colas de acceso á Catedral durante a festividade de San Xoán / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, foi preguntada na súa comparencia logo da xunta de goberno local, polo malestar da veciñanza da cidade vella ante o incremento de peregrinos e turismo, sobre todo, nos arredores da Catedral de Santiago. "Entendemos as molestias polas aglomeracións en puntos e momentos concretos", asegurou Louzao, que se reafirmou no traballo dende o Concello compostelán, a Axencia de Turismo de Galicia (Xunta) e o propio arcebispado para "tratar de situar" o traxecto a seguir polas colas e procurar tamén que estas sexan "máis pequenas".

A voceira do goberno local lembrou o interese do Bipartito por poñer en marcha unha aplicación que poida dar información a peregrinos e visitantes sobre os tempos de agarda na cola para o acceso á Catedral, de modo que tamén "poidan visitar outros lugares da cidade" en vez de agardar para poder acceder ao interior do templo. "Sabemos que arredor das 11 da mañá xa non vai ser posible para quen chegue acceder á Catedral até despois das 13 horas, unha vez que remate a Misa do Peregrino".

A edil amosouse consciente de que peregrinos e visitantes queren acceder ao templo e que este desexo será de máis persoas de cara ao vindeiro Ano Santo, pero "estamos traballando para intentar regular por onde situar esas colas de xente, pero somos conscientes de que vai seguir habendo". A concelleira matizou a complicación que supón a andamiaxe na restauración da Fonte dos Cabalos da Praza de Praterías, pero tamén recoñeceu que a día de hoxe a xente que quere acceder ao interior do templo de Santiago non ten ningunha indicación, "unhas veces as colas chegan á Conga, outras están por Praterías", e amosou o interese do goberno de poder actuar para definir áreas de acceso á Catedral, que terá que ser por Praterías, por outros inconvintes que presentan outras portas do templo.

Santa María de Conxo e as bibliotecas dos CSC

A voceira do goberno bipartito deu conta tamén de licenzas e contratos aprobados na xunta de goberno local celebrada este luns. En canto a licenzas, déuselle luz verde á renovación da iluminación de Santa María de Conxo por parte do Consorcio de Santiago. Cun orzamento de execución de 216.607 euros, do que se trata é de equilibrar neste Ben de Interese Turístico, afectado polo Camiño portugués, unha iluminación equilibrada "que realce os elementos patrimoniais" respectando o carácter relixioso do mesmo.

Míriam Louzao anunciou tamén a concesión do contrato de servizo da Biblioteca José Saramago de Vite, e do resto de CSC, a Atlantic Ponte. Un acordo por valor de 604.620 euros nun compromiso que implica a ampliación da bolsa de horas "en 500", a mellora dos sistema informático e a realización de oito actividades formativas para o persoal encargado de ofrecer este servizo.

Tracking Pixel Contents