Investigadores da USC atopan restos óseos na escavación dunha fosa da represión franquista en Carral
O achado por parte do grupo Histagra deberá ser analizado para determinar se corresponde a unha vítima soterrada en 1936

Traballos na fosa de Beira por parte do grupo de investigación Histagra (USC-CISPAC). / Histagra
L.R.
A busca das vítimas da represión franquista en Beira (Carral) deu os seus primeiros resultados. O equipo arqueolóxico coordinado polo grupo de investigación Histagra (USC-CISPAC) atopou restos óseos dun individuo durante a intervención iniciada este luns para localizar unha das fosas da violencia franquista existentes na zona. A priori, o achado encaixa coa descrición recollida no estudo histórico previo, aínda que será precisa a análise antropolóxica forense e o posterior estudo xenético para determinar a identidade da persoa.
A intervención que rematará o vindeiro venres 17 de xullo constitúe unha primeira cata arqueolóxica que ten como obxectivo determinar a localización dunha das fosas da violencia franquista existentes en Beira. Sábese que entre agosto e setembro de 1936 foron enterradas en varios espazos da contorna da igrexa como mínimo 18 vítimas.
Ademais de Beira, grazas ao convenio asinado entre a USC e a Deputación da Coruña tamén se están a estudar as fosas de Serantes (Ferrol) e Boisaca (Santiago de Compostela).
Equipo implicado na investigación
Un equipo multidisciplinar da USC encárgase de desenvolver a investigación baixo a coordinación científica de Lourenzo Fernández Prieto e Antonio Míguez Macho, do grupo de investigación Histagra (USC-CISPAC). Xurxo Antelo e Lucía Santiago, investigadores de Histagra, ocúpanse da análise histórica. O estudo arqueolóxico é coordinado por José Carlos Sánchez Pardo (USC-CISPAC), do grupo de investigación AEVUM, e conta coa empresa Tempos Arquéologos para o desenvolvemento dos traballos en campo. A análise de antropoloxía forense é coordinada polo investigador Edgard Camarós (USC-CISPAC), membro do grupo GEPN-AAT.
No caso de Beira, o estudo histórico previo foi realizado por Xurxo Antelo e contou coa colaboración da asociación Cultura Aberta de Carral, que en 2023 inaugurou no cemiterio de Beira un monumento de homenaxe ás vítimas.
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”