Participación cidadá
O Foro de Turismo Sustentable xa ten representación da veciñanza compostelá
O Consello de Relacións Veciñais designou seis representantes do asociacionismo e o foro reunirase proximamente, en canto as entidades oficialicen os nomeamentos

Xuntanza extraordinaria do Consello de Relacións Veciñais no Pazo de Raxoi / cedida
Na tarde deste mércores o Pazo de Raxoi acolleu unha xuntanza extraordinaria do Consello de Relacións Veciñais, que preside a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e que integran representantes dos grupos da Corporación municipal. O obxectivo desta reunión foi o de elixir as seis persoas do tecido veciñal da cidade que van formar parte do Foro de Turismo Sustentable.
O regulamento deste foro de xestión participativa do turismo da cidade establece que o pleno do mesmo debe ter representación das asociacións veciñais da man de seis persoas integrantes das diferentes entidades e, "como mínimo", dúas delas deben formar parte do ámbito do Plan especial.
Deste modo, o Consello de Relacións Veciñais elixiu a Mercedes Vázquez da Asociación A Xuntanza (San Pedro) e Roberto Almuíña da Asociación Fonseca (cidade histórica), como parte dos barrios afectados polo Plan especial. Xunto a eles, integrarán o pleno do Foro de Turismo Sustentable: Jesús Gato, da Asociación Rocha Vella; Serafín Zas e María Domínguez da asociación veciñal de Angrois; Francisco J. Goyanes, da Asociación Nosa Señora de Belén (Santa Cristina de Fecha); e Isolina Pombo, da Asociación Ponte Sionlla.
Como suplentes foron elixidas Patricia Quintas da Asociación Raigame, Encarna Otero da Plataforma de Galeras, Antonio R. Fernández da Asociación Camiño de Santiago (Bando) e Juan Alberto Turnes da Asociación Domingo Cepeda do Eixo.
Modelo participativo
O Foro de Turismo Sustentable é un órgano de nova creación que forma parte dun novo modelo de gobernanza en materia de Turismo, dando cabida á participación cidadá, tanto de representantes de asociacións veciñais como doutras entidades sectoriais relacionadas co turismo, o comercio ou o transporte colectivo.
O departamento de Turismo convocará a primeira reunión do Foro de Turismo Sustentable nas vindeiras semanas, en canto as entidades dos diferentes ámbitos rematen os seus procesos internos para a designación formal de representantes para formar porte deste órgano.
- Las nuevas rutas del aeropuerto de Santiago: todos los destinos a los que ya puedes volar sin escalas
- El pub de Santiago donde empezaron Tosar y Zahera gana un Solete Repsol: 'De aquí ha salido gente que ha llegado muy lejos
- O Gozo Festival vence al temporal de lluvia y granizo
- La respuesta de un barrio de Santiago al calor: 'Baixa a túa cadeira, algo de merendar e quedamos á fresca
- Muere un integrante de Cantigas e Agarimos de 41 años tras sufrir un desvanecimiento en plena actuación
- La tormenta descarga en Santiago granizo de más de un centímetro de grosor
- La cafetería de Santiago recomendada por Tamar Novas y 'Lonely Planet': un rincón bohemio con 83 años de historia
- La panadería centenaria que conquista Santiago con panes de hasta 10 kilos: 'Cuanto más grandes, más saben