Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Aprazamento do novo CHUS

O PSdeG de Santiago pide acción ante os continuos atrasos do aparcamento do CHUS

Os socialistas reclaman prazos e solucións reais tras dous anos de retrasos na data de finalización das obras

O aparcadoiro do CHUS leva anos con graves problemas de saturación

O aparcadoiro do CHUS leva anos con graves problemas de saturación / Jesús Prieto

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

Marta Abal, concelleira do Grupo Municipal Socialista, denunciou este mércores os retrasos nas obras do aparcadoiro do CHUS. A socialista destacou os xa dous anos dende a sinatura do plan de acción entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago e a "falta dunha solución real".

O grupo esixe transparencia e accións reais inmediatas nas medidas de mobilidade previstas, ademais dunhas tarifas accesibles para os santiagueses. Abal demanda que a xestión non dependa completamente do SERGAS e asegurou que o primordial é que as obras se traduzan en "beneficios reais para os composteláns e compostelás" sen tarifas abusivas.

O PSdeG de Santiago teme que, se a situación non se solventa pronto, a situación agravarase coa ampliación do hospital e a construcción do Centro de Prontoterapia. Para a socialista cómpre que se fixen prazos concretos para acadar a finalización das obras. "É imprescindible que se fixen prazos concretos de cada un dos pasos necesarios para que o aparcadoiro sexa unha realidade", insistía Marta Abal.

A situación afecta a preto de 445.000 persoas que habitan nos 42 concellos que forman parte da área sanitaria do CHUS. No momento no que se fixo o estudo no ano 2023, a Xunta estimou que faltaban 328 prazas no aparcadoiro para cubrir as necesidades dos usuarios; tres anos depois, estímase que cando rematen as obras o número duplícase e ascenderá ás 611 prazas.

Ademais das esixencias, o grupo socialista lamenta que os únicos anuncios acerca da Xunta foran atrasos e un cambio de localización e esperan que a problemática remate o antes posible.

Tracking Pixel Contents