Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Facenda local

Raxoi presenta os datos da liquidación orzamentaria de 2025: "O Concello de Santiago ten solvencia a curto e medio prazo"

O departamento de Manuel César presenta a campaña 'Correspondencia ecolóxica' para reducir a pegada de carbono a través da dixitalización dos servizos tributarios

O concelleiro de Facenda, Manuel César, na sala de prensa do Pazo de Raxoi

O concelleiro de Facenda, Manuel César, na sala de prensa do Pazo de Raxoi / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

O concelleiro de Facenda, Manuel César, compareceu este mércores en rolda de prensa para dar conta dunha nova campaña do seu departamento e tamén do informe de Fiscalización sobre a liquidación orzamentaria de 2025, que irá ao vindeiro pleno da Corporación local. Segundo anunciou o edil, o documento sobre esta liquidación confirma " a solvencia" do Concello de Santiago, cun superávit de 4,6 millóns.

Segundo aclarou César, "logo das modificacións tramitadas no exercicio, o orzamento situouse en 214.521.090 euros", resultado de incorporar os créditos dos exercicios anteriores ou axudas externas. O edil explicou tamén que os investimentos reais sumaron 13.746.830 euros, acadando un grao de execución de 24,47%, o máis alto dende 2019.

O concelleiro falou tamén do cumprimento do obxectivo de estabilidade que marcan as regras fiscais do ministerio, onde o único incumprimento é o que afecta o teito de gasto, "imputable a un erro na comunicación de datos do exercicio de 2023, o cal se lle trasladou ao Ministerio de Facenda co fin de que se poida subsanar".

Os datos actuais indican que Santiago non supera en máis do 3,2% o gasto computable de 2024, como indica a norma, situándose no 3,14%, pero con ese erro ascende a 3,4%. En relación co endebedamento (o máximo permitido é de 75%), este sitúase no 30,01% con respecto aos recursos resultantes da liquidación de 2025.

Pola sostibilidade da facenda pública

'Correspondencia ecolóxica' é o título desta nova campaña que, consonte aos intereses do goberno bipartito a prol da sostibilidade, busca reducir a pegada de carbono e consumo de papel a través da dixitalización dos servizos públicos.

Deste modo, para "reducir o impacto ambiental" vanse reducir os recibos en papel, comezando por empregar unicamente a notificación electrónica entre aquelas persoas físicas e xurídicas xa obrigadas a tratar deste xeito coas administración e tamén aquelas que voluntariamente solicitaron este tipo de comunicación dende o Concello.

"Case 5.000 persoas, entre empresas e cidadáns", explicou César, pasarán a partir de agora recibir a través do email os recibos cos impostos municipais en formato pdf e coa facilidade de poder facer as xestión en liña.

O concelleiro de Facenda recalcou na súa intervención que entre as vantaxes desta fórmula está tamén o alivio para o cidadán de "non ter que estar pendente de se se lle pasa o prazo para abonar o imposto" grazas a notificación dixital, e tamén incidiu en que existe a posibilidade de domiciliar o cobro dos tributos, "que o Concello non executará até o último día do período voluntario de pagamento".

Ademais destas, en concreto 4.786 persoas que xa van estar incluídas na campaña 'Correspondencia ecolóxica', dende o Pazo de Raxoi tratarase de persuadir a 17.000 persoas máis para que se sumen á modalidade dixital. "Son persoas que non teñen solicitada a comunicación electrónica", explicou o edil Manuel César, "pero da que si temos o email", polo que a través desta vía se informará desta posibilidade de xestión coa Administración local e do seu funcionamento.

A campaña 'Correspondencia ecolóxica' afecta neste 2026 os impostos que aínda están pendentes de cobro, IBI (Imposto de Bens Inmobles) dende o 5 de xullo e ao IAE (Imposto de Actividades Económicas) a partir do 20 de setembro, os demais tributos, coma o vehículos de tracción mecánica ou de ocupación do espazo público (as terrazas dos bares, por exemplo) incluiranse en 2027.

En relación co IBI, o concelleiro Manuel César informou tamén sobre os cambios nas bonificacións por carencia de servizos básicos (auga, saneamento e alumeado público). "Como sinala o artigo 3.4. da ordenanza reguladora do imposto, as bonificacións van dende o 30 por cento pola carencia dun servizo, pasando ao 60 por cento pola carencia de 2 servizos e chegando ao 90 por cento pola carencia dos 3 servizos.

Reducir o uso do papel cos 'grandes contribuíntes'

O concepto de "grande contribuínte" refírese ás persoas físicas e xurídicas que na súa interacción co Concello de Santiago, en canto a tributos, pagan anualmente 15 recibos ou máis.

Estas persoas pasarán tamén a relacionarse coa Administración local de maneira dixital, segundo explicou o concelleiro de Facenda, "recibirán un documento pdf único con todos os recibos e tamén un pdf con cada recibo", no caso de que queira abonalo individualmente.

Ademais, entre a documentación que se enviará dende Raxoi por correo electrónico incluirase unha táboa de excell con toda a documentación que se achega e a que se debe presentar.

Tracking Pixel Contents