O Eixo arrinca tres días de animación con sardiñas, xogos e cinco orquestras
A parroquia compostelá honra o seu patrón de hoxe ao domingo cun amplo programa

Celebración das festas en honra ao patrón da parroquia, San Cristovo, o pasado ano. | ECG
Redacción
Das 29 parroquias do municipio de Santiago, á do Eixo ninguén pode discutirlle que é unha das máis festeiras, algo que se debe ao espíritu dos seu milleiro de veciños e tamén ao esforzo de parte deles que integran a comisión. Arrincan o ano cun dos Entroidos máis tradicionais da zona, impulsan romarías como Santa Lucía e a Urceira, comidas, celebracións varias e, cada mes de xullo, dano todo coas súas patronais, en honra a San Cristovo, que suman sempre un par de días máis de festexo: un para o Santísimo e outro para o San Antón.
O Eixo. Festas de San Cristovo, o Santísimo e San Antón 2026
O Eixo. Festas de San Cristovo, o Santísimo e San Antón 2026Neste 2026 a cita festiva arrinca hoxe venres con San Cristovo como protagonista. O patrón percorrerá as rúas da parroquia a partir das 12.30 horas, ata que ás 13.15 horas se oficie a misa solemne no Souto, xa que as festas conservan a tradición relixiosa.
Logo haberá unha sardiñada popular, un dos eventos máis concorridos, e unha sesión vermú con Aires de Broña, música para a que tomarán a remuda na verbena nocturna as dúas primeiras das cinco orquestras que actúan no Eixo: Cinema e Eureka.
Mañá sábado repetirase misa, neste caso en honra ao Santísimo, a partir das 13.00 horas, para gozar logo da sesión vermú amenizada por José Manuel (Abanico). Xa durante a noite encargaranse da verbena Ritmo Joven e Alaska.
Xa o domingo, para pechar as patronais do Eixo, haberá misa en honra a San Antón ás 13.00 horas, ao termo da cal terá lugar a sesión vermú co dúo Reflejos. Pola noite, a orquestra Fusión porá a música, para celebrar o peche coa disco móvil Chocolate.
Durante os tres días a animación estará garantida no Eixo, con pasarrúas a cargo do grupo A Carballeira.
Calendario de actividades: chave, fútbol, xogos...
Máis alá do campo da festa, a comisión do Eixo organiza unha serie de actividades paralelas á festa para diversión de nenos e maiores. Mañá sábado, por exemplo, hai unha dobre cita deportiva a partir das 18.00 horas: por unha banda un campionato de chave, o popular xogo galego, que se celebra no Bar Pombo. Por outra banda, á mesma hora, no campo de fútbol Manuel Paz Nogueira, haberá un partido digno do mesmísimo Mundial de Fútbol de USA, Canada e México.
O domingo resérvase a xornada par aos máis pequenos, que serán os grandes protagonistas do campo do Souto con Infantilandia (inchables e xogos) as 17.00 horas; un torneo de cartas que incluirá tute, escoba e truco ás 18.00 horas; e xogos tradicionais como as carreiras de sacos e o tiro da corda, xa para nenos e para outros non tan nenos que se animen. n
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”