Obras en Santiago
O Pazo de Raxoi xa está listo para abrirse ás visitas patrimoniais de veciñanza e visitantes
Reapertura da rúa Amor Ruibal logo da reurbanización: adaptación á emerxencia climática devolvendo "o espazo ás persoas"

A xunta de goberno do próximo luns recepcionará as obras de Raxoi / Antonio Hernández

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín compareceu, como vén sendo habitual, este venres en rolda de prensa para dar conta, entre outros asuntos, da finalización de dúas obras no Concello de Santiago: a recepción dos traballos de rehabilitación para a accesibilidade no Pazo de Raxoi e a reapertura da rúa Amor Ruibal, no barrio da Pontepedriña.
A obra de Raxoi, cuxo obxectivo tamén é abrir o pazo a visitas patrimoniais de veciñanza e visitantes, e que tivo un custo de 3 millóns de euros, para a que se contou con subvención do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, aprobarase na xunta de goberno do próximo luns. Pasará entón a ser tamén a Casas Consistorial un recurso turístico, mais a rexedora quixo destacar que no deseño do proxecto se incorporaron "obxectivos que teñen repercusión na veciñanza e no que ten que ver co servizo público".
Sanmartín lembrou que eran "inexplicables" os problemas de accesibilidade do edificio, que agora se veñen de solventar e anunciou que o goberno local xa está a deseñar un plan de visitas que inclúe, "como elemento fundamental", os centros escolares.
Escolares, veciños e turistas
Goretti Sanmartín fixo mención a que boa parte da poboación da cidade "non coñece o Pazo de Raxoi", unha circunstancia que vai mudar agora co deseño dun plan de visitas patrimoniais.
Os centros escolares, van ser un dos obxectivos de divulgación destas visitas para o goberno bipartito, e comezarán a ofertarse dende o departamento de Educación co comezo do curso.
Pendentes do deseño concreto do plan de visitas, o que si avanzou a alcaldesa de Santiago é que as visitas escolares serán en horario lectivo, mentres as de grupos de veciños e turistas ou peregrinos terán lugar polas tardes.
Ademais, tanto para os colexios coma para a veciñanza as visitas terán carácter gratuíto, mentres os visitantes de fóra da cidade terán que abonar un prezo público "que fará sustentable o programa".
No caso dos colexios, ademais, as visitas guiadas complementaranse con material didáctico.
Mudar o modelo urbano
Goretti Sanmartín puxo en valor na súa comparecencia a apertura da rúa Amor Ruibal, na Pontepedriña, logo das actuacións que supoñen "unha mudanza no modelo urbano" de Santiago. A alcaldesa cualificou a obra como "absolutamente pioneira, distinta, que consegue a adaptación ao cambio climático e que pretende devolver o espazo ás persoas".
Unhas claves que segundo a mesma rexedora forman parte doutros proxectos urbanísticos do goberno local, como a remodelación da Praza de Vigo, humanización de Santiago de Chile ou a reurbanización do coñecido xa como conector central da cidade (que une San Clemente con San Caetano a través da Virxe da Cerca).
Sanmartín fixo mención a que "persoas que visitaron a zona" expresaron que semellaba que "o parque Eugenio Granell se estaba a meter na cidade" e asegurou que é precisamente diso do que se trata, de que "a cidade sexa máis habitable, máis humana".
En canto á alerta lanzada este xoves dende a bancada socialista, sobre a falta de seguridade para o transporte urbano e o alumnado do IES Pontepedriña cando comece o curso, Sanmartín asegurou que "en temas de mobilidade faranse as corrección pertinentes se hai algunha cuestión que modificar".
Con todo, a rexedora lembrou que a reurbanización de Amor Ruibal repercute tamén na redución do tráfico, pasando de catro a dous carrís e engadindo carril bici, xunto coa redución da velocidade nesa vía.
Algo que facilitará o paso do transporte escolar e o acceso peonil do alumnado pero, en calquera caso, Sanmartín asegura que "dende Obras e Mobilidade" se está pendente no caso de que sexa necesaria algunha modificación.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”