Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP denuncia o abandono de Cruxeira, na parroquia de Conxo, e esixe cumprir o acordo do Pleno

O PP de Santiago denuncia o estado dos viarios do lugar de Cruxeiras, na parroquia de Conxo

O PP de Santiago denuncia o estado dos viarios do lugar de Cruxeiras, na parroquia de Conxo / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O edil do PP de Santiago, José Ramón de la Fuente, denuncia o «absoluto abandono» que segue a sufrir a Cruxeira (na parroquia de Conxo) e acusa ao goberno local de incumprir os acordos plenarios. «Seis meses despois» de aprobada a moción popular para «reclamar actuacións urxentes nesta zona do rural o balance é demoledor», di De la Fuente, porque «practicamente non se executou ningunha das medidas aprobadas e algunhas das actuacións mesmo agravaron os problemas».

A moción presentada polo PP recollía ás reivindicacións «históricas da veciñanza, que leva anos reclamando a mellora dos viarios, o desbroce e limpeza da maleza, actuacións en materia de saneamento e outras intervencións necesarias para poñer fin ao abandono que sofre a zona». «O que fixo o goberno municipal durante estes seis meses é absolutamente insuficiente. Non só ignorou as demandas da veciñanza e o mandato do Pleno, senón que algunhas das actuacións que levou a cabo serviron para empeorar a situación», denuncia De la Fuente.

A esta situación súmase, ademais, o incremento do tráfico de camións pesados nas últimas semanas, a consecuencia da tala de árbores e dos movementos de terras que se están levando a cabo. Por todo, para o PP «Cruxeira converteuse nun novo exemplo do abandono que sofre o rural» e esixen a Raxoi que acometa as actuacións aprobadas no Pleno.

Camións e grúas atravesan nas últimas semanas a zona de Cruxeiras

Camións e grúas atravesan nas últimas semanas a zona de Cruxeiras / cedida

Agravar os problemas existentes

Un dos exemplos máis evidentes desta situación de abandono do rural e de Cruxeiras, é para o Partido Popular, o estado do Camiño da Aldea, que comunica peonilmente as vivendas da zona e que, "na actualidade, resulta intransitable pola maleza que invade completamente o percorrido".

O edil popular puxo como exemplo o estado das pistas da zona. O Concello optou por estender gravilla nalgúns tramos, unha actuación que cualifica de improvisada e que, "lonxe de resolver o problema, incrementou o risco para as persoas que transitan diariamente por elas, especialmente na Costa da Fonte".

Tracking Pixel Contents