Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Física

O prototipo CODEX-beta do CERN toma os seus primeiros datos

O IGFAE da USC participa neste traballo centrado nas ‘partículas de vida longa’

Parte do equipo do IGFAE que desenvolveu o prototipo de Codex-beta

Parte do equipo do IGFAE que desenvolveu o prototipo de Codex-beta / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O IGFAE da USC, en conxunto coa UDC, participa no desenvolvemento deste detector en colaboración co CODEX-b do CERN, que vén de conseguir rexistrar os primeiros datos co prototipo do seu detector CODEX-beta, instalado no Large Hadron Collider (LHC).

Trátase dun paso clave para demostrar a capacidade de busca desta nova clase de detectores, centrados na procura dos denominados «sectores escuros», partículas e campos alén do Modelo Estándar da física, e que son «fuxidíos para os actuais sistemas de detección do LHC», contan dende a Universidade.

Estes sectores ocultos poderían dar resposta a algún dos grandes enigmas que persisten na física, como a composición da materia escura, a orixe da asimetría materia antimateria do universo, ou a naturalidade do baleiro electrodébil.

CODEX b foi proposto en 2017 por unha colaboración de catro científicos do Lawrence Berkeley National Laboratory, da Universidade de Cincinnati e do LPNHE de París. Desde entón, a colaboración medrou ata máis de 60 membros en 20 institucións. E Galicia, a través do IGFAE da USC e da Universidade da Coruña, conta cun papel relevante nesta colaboración.

A cooperación entre o IGFAE e a UDC foi clave para cumprir coas datas límite para a toma de datos antes da finalización do Run 3, o último período de toma de datos do LHC, a finais de xuño de 2026.

O propósito de CODEX-b é poñer o foco nas partículas de vida longa, que adoitan situarse lonxe dos puntos de colisión cara a onde miran os detectores do LHC.

TEMAS

Tracking Pixel Contents