Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Santiago reunirá estudantes de máis de 40 países nos Cursos Internacionais da USC

A programación estival reúne alumnado de entre 14 e 80 anos e inclúe formación en lingua e cultura españolas, cursos especializados e actividades vinculadas ao Camiño de Santiago

Autoridades na inauguración dos Cursos Internacionais de verán da USC.

Autoridades na inauguración dos Cursos Internacionais de verán da USC. / Santi Alvite

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

L.Rey

Santiago

Santiago converterase durante as próximas semanas nun punto de encontro internacional grazas aos Cursos Internacionais da USC, que reunirán ducias de estudantes de entre 14 e 80 anos procedentes de máis de 40 países. A nova edición inaugurouse na tarde deste xoves no Colexio de Fonseca nun acto que presidiu a reitora e no que tamén participaron o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles Remy; o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César Vila; e a directora-xerente de Cursos Internacionales, Pilar Taboada-de-Zúñiga Romero.

"A internacionalización do coñecemento só pode construírse desde a colaboración, e os Cursos Internacionais son un magnífico exemplo disto, xa que desde hai décadas constitúen un proxecto común no que a Universidade achega o rigor académico, as institucións públicas contribúen ao compromiso coa proxección de Galicia e a cidade achega a súa extraordinaria capacidade de acollida", manifestou Rosa Crujeiras no acto.

Entre a oferta de Cursos Internacionais da USC destacan os Cursos de lingua e cultura española que se ofrecen todo o año e todos os niveis, así como os cursos de Español con fins específicos: negocios/turismo, Ciencias da saúde e Fins Diplomáticos.

Ademais, os cursos específicos compleméntanse con prácticas, voluntariado e conferencias de expertos na materia procedentes da USC, Sergas, Xunta de Galicia ou o mundo empresarial.

O Camiño está ademais presente en toda a oferta desta formación, impartidos en tres linguas: español, galego e inglés. Existen diferentes modalidades de cursos relacionados coa temática Xacobea: cursos á carta para universidades, cursos experienciais para mozos e mozas e cursos para persoas expertas.

Ademais, no eido da formación de profesorado, Cursos Internacionais da USC imparte cursos da man do Instituto Cervantes e de Embaixadas de España no exterior a través das Consellarías de Educación de Estados Unidos, Canadá e Brasil. Todos os cursos compleméntanse con actividades culturais e turísticas non só en Santiago senón por toda Galicia. 

Tracking Pixel Contents