Chaián celebra a próxima fin de semana o 50º aniversario da Festa do Escalo co apoio do Concello de Santiago
Os concelleiros Pilar Lueiro e Xesús Domínguez supervisaron os traballos de acondicionamento da contorna xunto coa organización

Xesús Domínguez, Pilar Lueiro e Carlos Rodríguez na carballeira de Chaián. / Concello de Santiago
L.Rey
Chaián, parroquia do concello de Trazo limítrofe coa capital galega, celebra a vindeira fin de semana, os días 18 e 19 de xullo, a tradicional Festa do Escalo, unha celebración na que colabora o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Festas e Medio Rural.
Así, a concelleira Pilar Lueiro destacou a importancia de apoiar as parroquias do rural na celebración deste tipo de actividades, que «enriquecen tamén a oferta e a diversidade cultural e social que caracterizan Santiago».
A Festa do Escalo, na carballeira de Chaián, celebrará este ano o seu 50º aniversario co descubrimento da placa conmemorativa desta data. Comezará co tradicional concurso de pesca e terminará a mañá coa entrega de trofeos. Tamén se celebrará o VI Campionato da Chave, haberá xantar popular e sesión vermú e tardeo coa orquestra Salsarena.
En días pasados, Pilar Lueiro e Xesús Domínguez desprazáronse ata Chaián para supervisar os traballos de acondicionamento previo da zona na que se desenvolve esta tradicional cita, reafirmando así o seu compromiso co apoio ás iniciativas que dinamizan as parroquias do rural e contribúen á conservación das súas tradicións. Alí, fixeron unha visita co presidente da Sociedade A Venatoria, Carlos Rodríguez Durante, para revisar as necesidades do espazo.

Actuacións de acondicionamento da carballeira de Chaián para a celebración da Festa do Escalo. / Concello de Santiago
O Goberno municipal pon en valor a organización deste evento, así como o labor do movemento asociativo das parroquias na conservación das tradicións e na dinamización social e cultural do rural compostelán.
Dende Raxoi aseguran que continuará a colaboración coas entidades veciñais e asociacións do municipio para apoiar actividades que fortalecen a identidade das parroquias, favorecen a convivencia e contribúen a manter vivo o patrimonio cultural e etnográfico do municipio.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo