O Consorcio de Santiago redactará o proxecto para reconstruír o muro derrubado do cemiterio de Bonaval
A convocatoria de subvencións en especie de 2026 inclúe tamén a adecuación de espazos no Convento do Carmen e actuacións de conservación na igrexa de Santa María de Salomé

O proxecto técnico do Consorcio permitirá avanzar na conservación e rehabilitación do muro derrubado da ala oeste do salón central do cemiterio histórico do Parque de Bonaval. / Antonio Hernández
L.Rey
O cemiterio histórico do Parque de Bonaval, o Convento do Carmen e a Igrexa de Santa María de Salomé contarán con novos proxectos técnicos para impulsar futuras actuacións de conservación e rehabilitación grazas á convocatoria de subvencións en especie do Consorcio de Santiago correspondente a 2026.
Á convocatoria presentáronse un total de seis solicitudes, das que resultaron seleccionadas tres, as cales foron presentadas polo Concello, a Federación FLOS Carmeli e o Arcebispado, respectivamente.
As axudas consisten na redacción, por parte do propio Consorcio, da documentación técnica necesaria para acometer futuras actuacións de conservación, rehabilitación e mantemento en inmobles de especial relevancia patrimonial, así como a elaboración dos correspondentes plans de mantemento.
As axudas están dirixidas a inmobles situados no ámbito da Cidade Histórica de Santiago, declarada Patrimonio Mundial pola UNESCO, e no conxunto de Conxo, favorecendo a protección de edificios e espazos de especial relevancia histórica, arquitectónica e cultural.
Detalles das actuacións nos tres inmobles
Entre os proxectos aprobados atópase a redacción da documentación técnica para a reconstrución do muro derrubado da ala oeste do salón central do cemiterio histórico do Parque de Bonaval, afectado por un desprendemento ocorrido en febreiro de 2026. O proxecto incluirá tamén actuacións de conservación e mantemento no resto dos muros que conforman este espazo.
No Convento do Carmen elaborarase o proxecto para acondicionar dúas estancias situadas na planta soto do inmoble, que se destinarán a actividades de acollida de peregrinos, acompañamento e escoita, talleres formativos, retiros, reunións comunitarias, actividades culturais e visitas guiadas. Estes espazos, con acceso directo ás hortas e xardíns do convento, permitirán ampliar os usos sociais e culturais do conxunto.
A terceira actuación desenvolverase na igrexa de Santa María de Salomé, onde se redactará o proxecto para executar labores de conservación nos paramentos pétreos, especialmente no campanario, así como nas carpintarías e cubertas do edificio. A documentación incluirá tamén un estudo específico sobre o estado das cubertas das capelas orientadas cara ao sur, abertas ao claustro da igrexa.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”