Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio

O PP reclama unha aposta decidida para a divulgación e conservación do Castelo da Rocha Forte

O edil José Antonio Constenla denuncia que este "enclave fundamental para entender a historia medieval" da cidade siga sen unha "aposta decidida"

O concelleiro do PP de Santiago, José Antonio Constenla

O concelleiro do PP de Santiago, José Antonio Constenla / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O concelleiro do PP de Santiago, José Antonio Constenla, reclamoulle este venres ao goberno local que «poña en marcha as medidas necesarias para impulsar e darlle o protagonismo que merece ao Castelo da Rocha Forte, un espazo patrimonial de enorme relevancia histórica».

Constela criticou a pouca atención do executivo de Compostela a este espazo e destacou que «resulta incomprensible que un enclave de tanta importancia para entender a historia medieval de Santiago siga sen unha aposta firme e decidida». O edil fixo referencia ás actuacións puntuais dos últimos anos pero insistiu en que son insuficientes.

Para Constenla «é imprescindible manter e reforzar as campañas de escavación arqueolóxica, garantindo recursos estables e unha planificación a medio e longo prazo que permita seguir descubrindo, estudando e protexendo o castelo. Sen investimento nin continuidade, o risco é que este patrimonio quede estancado no abandono institucional».

O edil apuntou a necesidade de crear un centro de interpretación na contorna da Rocha Forte, un espazo permanente de recepción de visitantes e contextualización histórica e indicou que dende o PP de Santiago se propón «abrir novas vías de colaboración con outras administracións, coa USC e con entidades especializadas que permitan fortalecer tanto a investigación como a conservación e difusión deste enclave singular».

Tracking Pixel Contents