Coa ollada nos universitarios
O PSOE critica a «parálise» de Xunta e Concello de Santiago ante a crise da vivenda na cidade
Aitor Bouza que o goberno bipartito aínda non creara a empresa municipal de vivenda e pon sobre a mesa a proposta socialista de crear residencias públicas

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza / cedida
O secretario xeral do PSdeG local, Aitor Bouza, denunciou este venres o agravamento da crise da vivenda en Santiago sen que «nin a Xunta nin o Concello impulsen medidas eficaces» para aumentar a oferta de vivenda accesible. O socialista advirte de que a chegada do novo curso universitario volve poñer de manifesto un problema que segue sen resposta.
O deputado Bouza fixo referencia a situación dos últimos días. «Durante as últimas semanas volvemos a ver as longas colas do estudantado para poder atopar unha vivenda», lembrou. Ademais, criticou que o bipartito siga sen desenvolver ferramentas que contribúan a ampliar o parque público de vivenda, lamentando que «o Concello de Santiago non adopta ningún tipo de medida, como, por exemplo, crear a empresa municipal de vivenda», e denunciou que o executivo local leva «tres anos sen facer absolutamente nada respecto a esta cuestión».
Bouza tamén cargou contra a Xunta, á que responsabilizou de non impulsar políticas que faciliten o acceso á vivenda ás persoas mozas. Segundo advertiu, «a administración con competencias na materia e o señor Rueda tamén están na parálise absoluta», polo que «non están a facer nada para que realmente se garanta que os estudantes poidan ter onde vivir en Santiago». Fronte a isto defendeu as propostas socialistas como crear máis residencias públicas e mobilizar as vivendas baleiras.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora