Turismo e comercio local
‘Sabor a novo’: artesanía, patrimonio e cultura os días 18 e 19 de xullo no Pazo de San Lourenzo
Durante as xornadas, ademais de postos de artesanía e gastronomía poderase visitar o edificio por libre ou da man do actor Suso Martínez ou Os Quinquilláns

Tamara Iglesias, Míriam Louzao e Mónica Mejías na presentación de 'Sabor a novo' / cedida

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, a responsable de eventos do Pazo de San Lourenzo, Tamara Iglesias, e Mónica Mejías, de Correvaidille presentaron este vernes ‘Saber a novo’, un evento que se vai desenvolver no pazo os días 18 e 19 de xullo de 11 a 21 horas. Un evento que conxuga as visitas a San Lourenzo e a divulgación da súa historia coa promoción da artesanía local para dar a coñecer ambos a veciños e turistas.
‘Sabor a novo’ é, en palabras da edil Louzao, «unha proposta que une gastronomía, patrimonio, cultura, comercio e talento local para ofrecer unha experiencia diferente», e detallou que se escolleu xullo, tamén, por ser tradicionalmente un mes con menor programación de actividades no Concello. A concelleira destacou tamén que o evento se financia con cargo aos fondos recadados coa taxa turística.
Pola súa parte, Mónica Mejías definiu o evento que dirixe como «unha festa de integración entre poboación local e visitante» e animou a asistir ás visitas guiadas polo actor Suso Martínez, que na ocasión será o conde de Altamira, e aos paseos teatralizados da man de Os Quinquilláns.
‘Sabor a novo’ vai contar con feira de comercios, obradoiros artesáns, creadores e emprendedores que poden mostrar e vender as súas pezas e para o que aínda hai prazas dispoñibles. Ademais, tamén coa intención de promocionar o propio, a música Montse Rivera (Leilía) ofrece talleres de baile, precusión con cunchas e pandeireta e canto.
Abrir as portas do pazo
A responsable de eventos do Pazo de San Lourenzo, Tamara destacou na súa intervención a oportunidade dos asistentes de descubrir o pazo (Ben de Interese Cultural), os salóns interiores e a igrexa e tamén os xardíns e claustro.
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”