Obras
Os socialistas de Santiago levan ao Pleno a reparación da rúa Cubelo, na contorna de San Lázaro
A concelleira Marta Abal recolle as queixas da veciñanza sobre o mal estado deste viario

A concelleira socialista Marta Abal / cedida
O grupo municipal socialista de Santiago anunciou este domingo que levará ao próximo pleno a esixencia de reparar a rúa do Cubelo, na contorna de San Lázaro, "logo de recoller as queixas da veciñanza".
Dende o PSOE local a concelleira Marta Abal lembra que "hai xa varios meses denunciamos o mal estado" deste viario e recorda que "advertíamos que era necesaria unha actuación urxente para evitar que o deterioro seguise avanzando".
Abal lamenta que o goberno local "non fixo absolutamente nada e hoxe a situación é aínda peor, as fochancas son cada vez máis numerosas e profundas, o pavimento está moi deteriorado e circular por esta rúa converteuse nun problema diario para moitos veciños e veciñas".
A concelleira insiste en que se trata "dunha rúa moi utilizada", polo que o seu estado de abandono supón "un risco para a seguridade de quen transita por ela". Unha situación que dende o PSdeG se lle achaca á "falta de planificación do goberno local".
Compromisos plenarios
"Hai máis dun ano, o Pleno municipal aprobou a nosa proposta para elaborar un plan anual de mantemento de infraestruturas, espazos e elementos urbanos precisamente para deixar atrás a improvisación", comentaba na súa comunicación a concelleira Abal.
Dende a bancada socialista denunciase que o executivo de Goretti Sanmartín "deixou ese acordo nun caixón e hoxe o deterioro da rúa segue avanzando ante a falta dunha planificación real".
"Os veciños e veciñas esperaron demasiado, o que fai falta agora non son máis excusas, senón actuar con urxencia e garantir unhas condicións de seguridade e mantemento que a cidadanía ten dereito a esixir", reclamou a socialista Marta Abal.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi