Posta a punto
O Concello licita e convoca obras de reparación na escola infantil de Trasparlamento e no pavillón de Monte dos Postes
Raxoi pon tamén a disposición da Consellería de Educación da Xunta unha parcela lindante co CEIP Quiroga Palacios para crear un aulario

Polideportivo do centro de Monte dos Postes / Maps

A xunta de goberno local celebrada este luns aprobou unha serie de obras nos centros educativos da cidade, concretamente na escola infantil de Trasparlamento, con graves problemas na cuberta, e no polideportivo do centro de Monte dos Postes.
As deficiencias no tellado da escola de Trasparlamento foi obxecto non só das reivindicacións da comunidade educativa, tamén das formacións da oposición. Agora o goberno bipartito vén de autorizar a substitución da cuberta a IAM Rumbo por valor de 237.761 euros.
"Esta obra vai afectar as dúas cubertas planas do edificio, unha delas transitable e outra axardinada que teñen problemas de filtración de auga ao interior", explicou en rolda de prensa a voceira do goberno, Míriam Louzao. Coa actuación preténdese mellorar a impermeabilización e o illamento térmico do edificio.
As actuacións teñen un prazo de execución de 100 días, "porque inclúe a adaptación do horario da obra á compatibilidade do funcionamento da escola".
Outra das actuacións que aprobou a xunta de goberno refírese ás instalacións contra incendios do polideportivo de Monte dos Postes. Neste caso o orzamento base de licitación é de 77.374 euros e a contratación farase por procedemento aberto simplificado. As empresas teñen un prazo de 10 días hábiles para presentar as ofertas.
A concelleira de Educación lembrou que este proxecto "inclúe as actuacións necesarias nun sistema de protección contra incendios que van permitir recuperar a capacidade do pavillón do CEIP Monte dos Postes". O prazo de execución é de 2 meses "nunha obra que pode compatibilizarse co funcionamento da escola".
A edil lembrou que se detectaron unha serie de deficiencias grazas a un estudo de 2020 que pretendía definir a capacidade máxima do polideportivo. O resultado foi salientar as dificultades nas vías de evacuación e as carencias no sistema de protección contra o lume. Coas melloras previstas a capacidade da instalación pasará de ser de 100 persoas a 930.
Cesión dunha parcela á Xunta
Outro dos acordos da xunta de goberno foi o de segregar unha porción da parcela R8 do Plan parcial do SUP-4 de Conxo para poñela a disposición da Consellería de Educación e "construír un aulario de infantil ampliando así as actuais instalacións que ten o CEIP Cardeal Quiroga Palacios".

CEIP Cardeal Quiroga Palacios, en Conxo / cedida
Segundo explicou a concelleira Míriam Louzao, "a parcela que se incorpora agora ao recinto escolar e que está lindeira conta cunha superficie de 1.812 metros cadrados e 1.450 metros cadrados de edificabilidade". A edil tamén indicou que tanto a parcela segregada como a matriz se atopan libres de gravames.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”