Servizo de limpeza
Raxoi desestima o recurso interposto por Urbaser: vai adiante a imposición de 20.000 euros de penalidades
A adxudicataria da recollida do lixo deberá asumir o custo de, entre outras cuestións, non substituír as illas soterradas

Unha das penalidades que ten que asumir Urbaser é causada por non substituír as illas soterradas / cedida

A voceira do goberno local, a concelleira Míriam Louzao, anunciou este luns en rolda de prensa que a xunta de goberno local desestimou o recurso de reposición presentado por Urbaser, adxudicataria do servizo de lixo e limpeza, ante a imposición de 20.025 euros de penalidades por incumprimentos no contrato.
Este recurso presentouse o 28 de novembro de 2025 contra a resolución municipal do 29 de outubro do mesmo ano por "incumprimento na execución do contrato de servizos para a recollida convencional de residuos e limpeza viaria".
O total das penalidades impostas, máis de 20.000 euros, desagregouno a concelleira Louzao explicando as cantidades que corresponden a cada un dos incumprimentos, un total de cinco faltas, entre moi graves, graves e leves.
Segundo explicou Míriam Louzao "a proposta de rexeitar o recurso que formulou o departamento de Contratación analiza cada unha das cuestións que a empresa recorreu coa mesma argumentación que se preparan os trámites de audiencia e negociacións previos a que se resolvese o expediente".
Tendo en conta isto e "á vista de que os motivos das accións están totalmente acreditados e que a súa imposición respectou todos os requerimentos legais confírmase plenamente a resolución anterior".
A contía das penalidades
Pola falta de dotación ao servizo dos medios persoais comprometidos, unha das infraccións cualificadas como "moi grave", impóñense penalidades de 9.015 euros; pola falta grave de demorar a posta a disposición do servizo a infraestrutura informática e tecnolóxica comprometida no contrato, a contía a satisfacer dende Urbaser ascende a 3.005 euros.
Urbaser deberá satisfacer 1.000 euros no concepto de penalidades por infraccións cualificadas como leves, como é o caso de retrasar a reposición e a substitución das illas soterradas para o depósito dos residuos e outro tanto por "non ter operativo un dos cuarteis das brigadas de limpeza".
A imposición de penalidades de outubro de 2025 tamén facía referencia á infracción grave relativa á deficiencia na limpeza e desinfección dos colectores do lixo, cunha sanción que ascende aos 6.005 euros.
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”