Espazo público
O PSOE aposta por unha nova Ordenanza de convivencia para Santiago, unha proposta que levará ao Pleno
A norma actualmente vixente é de hai 20 anos, polo que os socialistas insta o Bipartito á súa actualización

O voceiro do PSOE de Santiago, Sindo Guinarte, xunto á concelleira Marta Abal / cedida
O voceiro do PSOE local, Sindo Guinarte, anunciou este luns que levará ao vindeiro pleno unha proposta para que o goberno bipartito impulse "de maneira inmediata a elaboración e aprobación dunha nova Ordenanza de convivencia".
O edil socialista considera que a norma actual, aprobada hai vinte anos, "quedou completamente desfasada" e criticou que o equipo de Goretti Sanmartín siga "sen poñer en marcha un proceso necesario para adaptar a regulación ás necesidades da cidade".
"A cidade necesita unha ordenanza transformadora, moderna e actualizada", explicou Guinarte, para reforzar que é precisa unha adaptación "ás necesidades do Santiago de hoxe e ás novas formas de uso do espazo público". O voceiro lembrou ademais que a normativa vixente "xa non dá resposta aos retos actuais da convivencia".
O portavoz do PSOE advertiu de que "moitas das condutas que afectan á convivencia" están dispersas en distintas ordenanzas municipais, unha situación que, segundo explicou, "xera confusión e dificulta a súa aplicación". Por iso o PSOE defende unha única ordenanza que unifique a regulación existente e que "sexa clara e accesible", que sirva de guía práctica para a cidadanía e para os visitantes, ademais de constituír "unha ferramenta útil para os servizos municipais".
Máis alá da sanción
Sindo Guinarte incidiu na súa intervención en que a nova ordenanza que propoñen dende a bancada socialista "non debe limitarse a un enfoque sancionador". "Non pode concibirse unicamente dende unha perspectiva sancionadora, ten que incorporar unha visión pedagóxica, preventiva e de sensibilización, promovendo o civismo, a corresponsabilidade e a mediación para mellorar a convivencia e previr os conflitos".
Guinarte insistiu en que o goberno local "desbloquee de inmediato" este procedemento e elabore a nova ordenanza cun "verdadeiro diálogo social para acadar o maior consenso posible".
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi