Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arquitectura Galega

Rafael Baltar protagoniza a nova exposición do Museo do Pobo Galego e o COAG

A exposición destaca a figura de Rafael Baltar e de todos os arquitectos que contribuíron á definición da cultura arquitectónica galega

Rafael Baltar nun museo en Alemaña.

Rafael Baltar nun museo en Alemaña. / Cristobal Crespo Gonzalez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

O COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e o Museo do Pobo Galego escollen a figura de Rafael Baltar para preservar a memoria e o legado da súa xeración de arquitectos "que axudaron a definir o noso país". Ata o 27 de setembro, o público poderá visitar a exposición que busca que a arquitectura de Rafael Baltar siga presente co paso dos anos.

No acto de apertura participaron o presidente da Delegación de Santiago do COAG, Ángel Cid; a presidenta en funcións do Padroado do Museo do Pobo Galego, María Xosé Fernández; o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Miguel Abelleira; o decano do COAG, Luciano Alfaya; e a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.

Son varios os que empezaron as súas intervencións agradecendo a aqueles que fixeron posible a exposición e, entre eles, ao Museo do Pobo Galego. O presidente da Delegación de Santiago do COAG, Ángel Cid, subliñou o anhelo da construción dunha nova realidade e da identidade propia de Galicia e a forza e determinación dun grupo de arquitectos. Nas súas palabras, "A exposición é unha homenaxe a ese tempo e ao esforzo colectivo”.

Por outra banda, Anxo Lorenzo, director da Escola Técnica Superior do Museo do Pobo Galego, destacou a importancia da figura de Baltar nesta exposición, referíndose ao arquitecto coma "unha figura importante na construción das institucións culturais contemporáneas galegas”.

Para Alfaya, a exposición planteouse para preservar a memoria e o legado desta xeración de arquitectos. “Chegaron a Galicia nun momento de cambios de tal magnitude que, unicamente, o seu compromiso intelectual permitiu tomar decisións que, non só marcarían a importancia do Colexio de Arquitectos de Galicia, senón que axudarían a definir o noso país”, apuntou. Durante a súa intervención, Alfaya amosou a súa expectación por que a memoria non se desvaneza nunca e que a arquitectura e o compromiso que soñou Baltar hai cincuenta anos sigan presentes no futuro, pois para el, "coma arquitectos nada se pode construír se non somos quen de preservar e dignificar a nosa memoria".

Goretti Sanmartín clausurou a inauguración destacando a unión de Baltar con Santiago de Compostela, amosada nas súas obras ao logo de toda a cidade.

Foto dos participantes na inauguración da exposición de Rafael Baltar.

Foto dos participantes na inauguración da exposición de Rafael Baltar. / Cedida

A exposición abarca algúns dos momentos chave da arquitectura galega do último terzo do século XX a través da figura de Rafael Baltar Tojo. A parte máis importante da exposición está protagonizada polo momento no que comeza a emerxer en Galicia as novas tendencias arquitectónicas, culturais e institucionais. O arquitecto foi unha persoa activa en diferentes procesos, coma a consolidación do Museo do Pobo Galego ou a posta en marcha da Escola Técnica Superior da Arquitectura en Galicia. Pero a exposición tamén céntrase no seu traballo profesional.

Os seus proxectos están expostos en forma de paneis, fotografías, documentación gráfica, materiais de arquivo, citas dos propios textos de Rafael Baltar e unha selección de obras e episodios institucionais. O obxectivo é que o visitante entenda a figura de Baltar e como foi o detonante dunha cultura arquitectónica propia en Galicia.

Así é como os visitantes poderán coñecer no Museo do Pobo Galego a importancia de Baltar na construcción da cultura arquitectónica galega. Os interesados Terán ata o próximo 27 de setembro para achegarse á exposición.

Tracking Pixel Contents