Apóstolo 2026
Festas do Apóstolo: o Torneo da Chave celebrarase esta fin de semana pese a non estar no programa
O cartel deste ano non recolle, por primeira vez en 48 anos, o clásico Torneo de Chave
Celebrarase os días 17 e 18 de xullo

Torneo da Chave na Ascensión 2026. / Jesús Prieto
Saínza Seoane
O programa das Festas do Apóstolo 2026 é diferente aos dos anos anteriores. As datas das festas reducíronse e, coma consecuencia, algunhas actividades quedaron fóra da programación. É o caso do Torneo da Chave, que por primeira vez en 48 anos non estará incluído nas Festas do Apóstolo.
A días do comezo das festas, Jose Puente, o presidente da Asociación de Xogadores de Chave, comezou a recibir chamadas de participantes e xogadores do torneo preocupados pola celebración deste, xa que non aparecía no programa do Apóstolo coma en edicións anteriores.
O directivo aclarou que a ausencia do Torneo da Chave na previsión das Festas do Apóstolo é froito dun malentendido co Concello cando foi datalo. "Sabemos que foi un malentendido, pero perxudícanos bastante", aseguraba Jose Puente, pois temen que menos xente acuda á cita porque non saiban que se vai celebrar.
O torneo celebrarase esta fin de semana, o venres 17 e sábado 18, días antes da inauguración da semana de festas. A confusión apareceu no momento no que se definiu o día, xa que nin a asociación nin o Concello tiveron en conta a variación das datas do Apóstolo respecto a anos anteriores, por iso o torneo non forma parte da programación das festas. O demais segue coma edicións anteriores, o Concello de Santiago é o patrocinador do encontro e seguerá sendo no parque da Alameda.
Malia os malentendidos, o Torneo da Chave segue segundo o plantexado. Comezará o próximo venres 17 ás 19:00 coa categoría femenina e ás 20:30 coa categoría masculina. A segunda xornada do torneo tamén terá lugar na Alameda a partir das 17:00. As inscricións seguen abertas, calquera que quera participar simplemente terá que personarse na Alameda coa súa parella antes de que comece o torneo. Por iso, pese a estar fóra da programación oficial das festas do Apóstolo, celebrarase unha nova edición do Torneo de Chave.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora
- Radiografía de las nuevas conexiones internacionales de Lavacolla: ¿por qué Roma y Varsovia?