Verea propón dedicar a praza da rúa da Espiñeira en Santa Marta ao artista Julio Ferreiro
O líder do PP de Santiago destaca que o artista transformou de maneira altruísta espazos degradados da cidade e afirma que "onde outros vían abandono, Julio Ferreiro vía unha oportunidade para crear"

Julio Ferreira xunto ao mosaico na Igrexa de Santa Marta en Santiago. / Antonio Hernández
R.S.
Julio Ferreiro podería dar nome á praza da rúa da Espiñeira, despois de que o líder do PP de Santiago, Borja Verea, propuxese este mércores que o Concello lle dedique ese espazo como recoñecemento permanente á súa extraordinaria contribución artística e humana á cidade.
Verea lembrou que Julio Ferreiro deixou unha fonda pegada en Santiago grazas ás súas intervencións artísticas, coas que foi quen de recuperar e dignificar distintos espazos urbanos que se atopaban deteriorados, transformándoos en lugares con identidade, beleza e vida. Fíxoo, ademais, de maneira totalmente altruísta, poñendo sempre o seu talento ao servizo da cidade.
"Julio Ferreiro tiña unha mirada especial. Onde outros vían abandono, el vía unha oportunidade para crear. Onde había paredes grises ou espazos esquecidos, el vía unha ocasión para devolverlles vida, cor e esperanza. Ese é un legado que Santiago ten a obriga de conservar", sinalou.
"Estamos a tempo de que Santiago lle devolva unha pequena parte de todo o que el lle deu á cidade"
O líder popular considera que a rúa da Espiñeira, a súa praciña, un dos lugares máis estreitamente vinculados á súa obra e á súa creatividade, é o espazo idóneo para renderlle unha homenaxe permanente. "Merecía este recoñecemento en vida. Xa non chegamos a tempo, pero si estamos a tempo de que Santiago lle devolva unha pequena parte de todo o que el lle deu á cidade. Que a praciña da rúa da Espiñeira leve o seu nome sería un xesto de gratitude, de memoria e de xustiza con alguén que fixo mellor Santiago co seu talento e coa súa xenerosidade", afirmou Verea.
Por todo iso, o Partido Popular solicitará ao Concello que inicie os trámites necesarios para que a praza da rúa da Espiñeira pase a denominarse praza do artista Julio Ferreiro, como homenaxe permanente a un creador que deixou unha pegada "imborrable" na cidade e no corazón de moitos composteláns.
"Os artistas pasan, pero as cidades teñen a responsabilidade de coidar a súa memoria. A mellor maneira de facelo é que o nome de Julio Ferreiro permaneza para sempre no lugar ao que tanto lle deu", concluíu Verea.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”