Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gaiás

‘Ceibe’, da compañía Fran Sieira, brilla en ‘Noitear’ na Cidade da Cultura

As estreas en Galicia de ‘Carena’, dos catalás La Corcoles e ‘Into thin air’, dos neerlandeses Panama Pictures, completaron un evento ao aire libre con danza, teatro e artes vivas

Imaxe de ‘Ceibe', a montaxe da compañía galega Fran Sieira Danza en 'Noitear'.

Imaxe de ‘Ceibe', a montaxe da compañía galega Fran Sieira Danza en 'Noitear'. / Rocío Cibes

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

R. S.

Saantiago

Medra en verán a aposta da Cidade da Cultura en Santiago por ofrecer actividades sociocuturais o ao aire libre e este mércores, a iso das 20 horas, xa 1.200 persoas estaban alí no inicio de Noitear, un evento dunha soa noite con danza, teatro e artes vivas.

Precisión técnica e musicalidade

A proposta tivo, desde as 20.30 horas, a estrea en Galicia de Carena, do grupo catalá La Corcoles, e despois chegou Into thin air, dos neerlandeses Panama Pictures, parte dunha xornada especial no Gaiás que tiña unha estrela da terra coa compañía galega Fran Sieira Danza, grupo que pechou a xornada con Ceibe.

Baixo a dirección artística do propio Sieira e Sergio R. Suárez, esa peza combina precisión técnica, musicalidade e unha lectura actual do patrimonio coreográfico galego para cuestionar as imposicións de xénero e reivindicar a identidade, a tradición e a liberdade.

Nunha noite estival ben boa en Santiago a nivel de temperatura, Noitear apostou por misturar tres espectáculos nun diálogo arriscado e desafiante coa contorna arquitectónica da Cidade da Cultura, con acceso libre e de balde.

La Corcoles

Ante Carena, premiada produción coa que a compañía La Corcoles que explora o equilibrio sobre o baleiro, o público foi testemuña dun arriscado solo de funambulismo coa artista Mariona Moya sobre un cabo de arame suspendido a grande altura sen rede de seguridade.

E logo foi a quenda da compañía neerlandesa de danza e circo contemporáneo Panama Pictures, con Into thin air e unha linguaxe escénica híbrida onde a fluidez da danza e as acrobacias interactúan coa arquitectura.

Tracking Pixel Contents