Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xunta de goberno

Raxoi dispón máis de 300.000 euros para as extras de abril e maio de Bombeiros e Policía Local de Santiago

O Concello aproba unha partida de máis de 230.000 euros para ampliar a rede de abastecemento do lugar da Veiga, no Eixo

Bombeiros de Santiago durante unha actuación na cidade

Bombeiros de Santiago durante unha actuación na cidade / Xoán Álvarez

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

A xunta de goberno celebrada este luns no Pazo de Raxoi aprobou polo trámite de urxencia as "gratificacións derivadas da prestación de servizos extraordinarios fóra da xornada habitual de traballo do Servizo de Extinción de Incendios e Policía Local", correspondentes aos meses de abril e maio de 2026. Un pagamento para o que se dispuxo un gasto de 332.329 euros.

Esta posta ao día nas extras realizadas polos corpos de Bombeiros e Policía Local compostelá acompáñase tamén das correspondentes cotizacións ao sistema de Seguridade Social, que neste caso supoñen un gasto de 99.699 euros.

Outro dos asuntos tratados na xunta de goberno é o referido ao lugar da Veiga, na parroquia do Eixo, para o que se aprobou a ampliación da súa rede de abastecemento, "segundo as indicacións de Augas de Galicia", a dispor da que Raxoi pon os informes sectoriais da obra cuxo orzamento base de licitación se sitúa nos 230.342 euros (IVE incluído). O prazo de execución desta obra de mellora é de 17 semanas

Segundo indican dende o goberno local, "trátase dunha das obras que se realizan ao abeiro do protocolo para a mellora da mobilidade do Complexo Hospitalario, que prevía a colaboración en actuacións de abastecemento e saneamento no ámbito rural". Un protocolo que establece que Augas de Galicia financia obras ata un máximo de 3,5 millóns de euros e encárgase da súa execución

As demais actuacións incluídas neste acordo afectan as parroquias da Sabugueira, A Peregrina e San Xoán de Fecha. A xunta de goberno aprobou o 17 de marzo de 2025 o expediente para contratar a redacción dos proxectos, que se adxudicou o 29 de decembro á empresa Proyfe por un total de 168.789 euros (IVE incluído). "Os proxectos están en revisión neste momento para seren aprobados e tramitar os respectivos convenios", aclaran dende o Pazo de Raxoi. 

Xuntanza extraordinaria

O pasado xoves, 16 de xullo, o goberno local celebrou unha xunta extraordinaria na que, entre outros asuntos, se aprobou inicialmente un expediente de crédito extraordinario por importe de 3.409.270 euros, financiado "na súa totalidade con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do exercicio 2025 co fin de saldar a totalidade das operacións pendentes" dese ano.

Na mesma sesión extraordinaria, adxudicouse o contrato de servizo de publicidade institucional vencellado ás Festas do Apóstolo 2026 a Avante Evolución de Medios, por unha oferta económica de 64.130 euros "e o compromiso de ampliar a difusión publicitaria en sete medios".

Subvencións e licenzas

A xunta de goberno local, segundo anuncian dende Raxoi, solicitou unha subvención de 76.516 euros do Plan de Camiños Rurais de Agader -Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- da Xunta para o proxecto de "mellora do viario de acceso á Portela de Figueiras".

E, noutra orde de cousas, aprobou licenzas para a reparación da fachada e a cuberta dun edificio de Virxe da Cerca, a instalación dun sistema de illamento na fachada dun inmoble do Pexigo de Abaixo, e a demolición dunha edificación na rúa do Escultor Asorey.

Tracking Pixel Contents