Crise habitacional
As concelleiras Non Adscritas propoñen reactivar a política de vivenda compostelá no curto e no medio prazo
Poñen ofoco na necesidade de "priorizar os máis de 40 ámbitos de solo urbano non consolidado existentes na contorna da cidade"

A concelleira Non Adscrita Mercedes Rosón / cedida
A edil Non Adscrita Mercedes Rosón presentou este luns unha batería de propostas «para reactivar a política de vivenda a curto e medio prazo». Unha serie de medidas que van levar ao pleno que se celebra este martes no Pazo de Raxoi e entre as que as concelleiras insisten en reclamar «que se desbloquee a constitución dunha empresa municipal de vivenda».
«A crise da vivenda require menos anuncios e máis xestión. Está ben planificar a longo prazo, pero a urxencia da situación esixe tamén medidas concretas a curto e medio prazo», sostén neste sentido a concelleira Mercedes Rosón, que tamén insta o goberno local a «actuar contra os pisos turísticos ilegais» que aínda seguen a operar na cidade, e urxen a Concellería de Vivenda a elaborar o «comprometido» censo de vivenda baleira.
Para resolver a problemática da vivenda en Compostela, Rosón pon o foco na necesidade de «priorizar os máis de 40 ámbitos de solo urbano non consolidado existentes na contorna da cidade», parcela, soares e «ocos baleiros».
Outra das medidas que propoñen as Non Adscritas é de impulsar a rehabilitación, especialmente na cidade histórica. Para iso, instan a procurar novas vías de financiamento para o Consorcio de Santiago e impulsar programas "máis ambiciosos" que favorezan a recuperación de vivenda e de residentes, despois de que entidades veciñais alertasen do descenso das convocatorias de axudas nos últimos anos.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora
- Radiografía de las nuevas conexiones internacionales de Lavacolla: ¿por qué Roma y Varsovia?