Servizos sociais
O PP de Santiago denuncia a situación salarial das traballadoras do SAF e esixe máis control a Raxoi
Esíxenlle ao goberno local que "elabore e publique no portal web" un informe sobre o cumprimento do contrato dende a súa entrada en vigor

A concelleira do Partido Popular de Santiago Yolanda Otero / cedida
O PP de Santiago leva ao pleno deste martes unha proposición de apoio ás traballadoras do SAF –Servizo de Axuda no Fogar– afectadas polo incumprimento das condicións salariais, e vai reclamarlle ao goberno local que «exerza un control exhaustivo sobre a prestación deste servizo esencial».
A edil Yolanda Otero explica que a iniciativa insta ao executivo «a elaborar e publicar no portal web municipal un informe sobre o funcionamento e cumprimento do contrato actual dende a entrada en vigor».
Segundo indican os populares, debe darse conta dos «criterios de organización do servizo, da responsabilidade da adxudicataria, dos recursos humanos, das axudas técnicas e dos servizos complementarios, así como a da calidade do servizo» e da súa avaliación.
Lembran neste sentido que o contrato está en prórroga e ten entre outros problemas o de que o persoal «ve minguadas as súas condicións económicas», o que repercute nunha menor calidade do servizo para as persoas usuarias.
Yolanda Otero indica que «un número importante de profesionais está de baixa e durante as fins de semana, diferentes servizos están a ser suspendidos por falta de persoal. Esta falta de substitucións incide directamente na calidade da atención e provoca un grave prexuízo para as persoas usuarias do SAF e para as súas familias». A concelleira denuncia tamén que dende abril está suspendido o servizo de fisioterapia.
- Santiago activa radares fijos en dos de los principales accesos a la ciudad
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- 100 años y una vida dedicada a la Iglesia: la historia de Ricardo Bello
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela