Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Benestar animal

O PSOE esixe no pleno integrar a asociación de voluntarios Volaban no Padroado do Refuxio de Bando

Denuncia que a Corporación local aprobou a integración desta entidade xa hai agora un ano e o goberno local aínda non a materializou

A concelleira socialista Marta Abal

A concelleira socialista Marta Abal / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

A concelleira socialista, Marta Abal, anuncia que o PSdeG leva ao pleno deste martes unha iniciativa para esixir do goberno local o cumprimento do acordo aprobado pola Corporación en xuño de 2025 para incorporar a Volaban –Asociación Voluntariado Activo de Bando– ao Padroado da Fundación Refuxio de Animais de Bando. A edil lembra que naquela altura se acordou «activar os trámites para integrar a asociación no órgano de goberno do refuxio» e denuncia que ese mandato «segue sen executarse».

Abal lamenta que ao non se cumprir o acordo da Corporación prolóngase «unha situación que non ten xustificación». Ademais, a socialista apunta que no momento de aprobación desta iniciativa «o Padroado acadaba o máximo de vinte integrantes» pero esa situación mudou «tras a renuncia dunha das entidades que formaban parte del», deixando por tanto unha vacante. Razón pola que dende a bancada socialista insisten en que «non existe ningún impedimento para facer efectiva a incorporación».

A edil puxo en valor o traballo desenvolvido por Volaban, integrada por persoas que colaboran «de maneira continuada no Refuxio de Bando» e que «coñecen de primeira man as necesidades dos animais e o funcionamento diario do centro», algo que sumaría «experiencia» ao Padroado e «unha visiión de quen participa no día a día do refuxio».

Tracking Pixel Contents