Lingua internacional
62 estudantes internacionais somérxense na lingua galega
'Galego sen fronteiras' reúne estudantes de Asia, América e Europa na Facultade de Filosofía entre o 3 e 4 de xullo
O obxectivo da formación e divulgar o idioma e a cultura galegas

Jens e Erika, estudantes do curso 'Galego sen fronteiras'. / Cedida
Saínza Seoane
A 36ª edición dos cursos de verán 'Galego sen Fronteiras' comezou o pasado 3 de xullo en Santiago. Durante tres semanas, 62 estudantes de 18 países diferentes están a aprender o idioma mediante no curso organizado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago. A iniciativa foi recoñecida no ano 2023 cos Premios de Cultura Galega.
Estudantes doutras comunidades autónomas de España, pero tamén de países como Hungría, Xamaica, India ou Polonia organízanse en tres grupos dependendo do seu nivel de galego. Para algúns deles é o seu primeiro contacto coa lingua, pero tamén hainos que buscan mellorar o seu nivel de galego tras toparse con ela dun xeito ou outro.
Jens, alemán con familia catalá, tivo o seu primeiro contacto coa lingua galega aos 17 anos nunha viaxe coa súa familia. Ao volver a Hamburgo, a súa cidade, buscou materiais en internet e así comezou a aprender o idioma de maneira autodidacta. Escoitando 'Luar na Lubre' e vendo 'Mareas Vivas', pouco a pouco mellorou o seu galego ata que este ano comezou os seus estudos oficiais de galego por primeira vez. Cun galego propio da Costa da Morte, o hamburgués conta que, para poder practicar a súa fala, comezou a ter contacto cos galegos que viven na súa cidade, porque, como di Jens: "Onde hai porto, hai galegos".
Este cidadán alemán estuda un Máster de Tradutoloxía na Universidade de Leipzig e descubriu este curso da Real Academia Galega a través do Lectorado de Galego da súa universidade. Jens pensa continuar cos cursos de tradución e agarda poder traballar algún día traducindo textos do galego ao alemán.

Manuel Rivas con dúas alumnas do curso despois dunha conferencia. / Cedida
Dun xeito diferente de Jens, Erika tamén acabou conectada con Galicia e o seu idioma. Erika está graduada en Filoloxía pola Universidade da Habana. Durante os seus anos como universitaria, estudou unha materia chamada 'Literaturas Periféricas' e nela chamoulle a atención os conflitos lingüísticos e de migración que experimenta o galego. O seu interese pola lingua levouna a facer un traballo de investigación sobre o libro 'Sándalo', de María Xosé Porteiro. A obra narra os 200 anos de unión entre Cuba e Galicia e grazas a ela, sen ter recoñecidos lazos de sangue con esta terra, Erika sentiu unha conexión: "Atopei unha parte das miñas raíces nesa novela".
Ademais deste proxecto, a moza cubana fixo un curso de galego na súa universidade e, a través da súa profesora Arantxa Fernández Crespo, directora da Cátedra Galega na Universidade da Habana, descubriu o curso Galego sen Fronteiras. Sen dubidalo, por primeira vez deixou atrás o seu país e puxo rumbo a Santiago para comezar esta formación.
Como o seu compañeiro alemán, Erika pretende incorporar o galego no seu futuro laboral. É editora na súa universidade e asegura que seguirá estudando esta lingua para poder editar textos en galego. O seu obxectivo é facer todo o que estea na súa man para, segundo ela, "fomentar unha cultura non tan divulgada como debería ser".
Este curso foi a oportunidade de Jens, Erika e os seus outros 60 compañeiros para aprender galego a través de clases, obradoiros e conferencias. En palabras de Erika: "Atopeime con persoas de todo o mundo que están conectadas polo galego". Estes estudantes de Asia, Europa e América sumáronse aos 2.500 participantes das edicións anterioresdun curso que busca a protección exterior do idioma e da cultura galegas.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Luis Zahera y Tamar Novas protagonizan la próxima apuesta de Netflix y no es 'Clanes': una película con Santiago muy presente
- «Comer los callos o la cabra era una tradición y también un privilegio»
- Fallece en Santiago Diana Katherine Ramos, la joven que había protagonizado una misteriosa desaparición diez años atrás en Albacete