O pleno de Santiago di ‘Si’ a impulsar "medidas urxentes" e "a curto e medio prazo" en materia de vivenda
As Non Adscritas e o PSOE votan en favor de actuar en cuestións coma a rehabilitación, o control dos usos turísticos e a creación dun censo de inmobles baleiros

Constituír a empresa pública de vivenda e unha das medidas propostas / Jesús Prieto

A edil Non Adscrita Mercedes Rosón defendeu no pleno deste martes unha proposición para que o goberno local adopte «medidas urxentes» en materia de vivenda. Unhas medidas que se engloban en catro bloques: crear vivenda, para o que instan a constituír a empresa municipal de vivenda que eliminou o PP no seu mandato; reforzar a rehabilitación con máis recursos para o Consorcio e evitar o despoboamento da cidade histórica; controlar os usos turísticos; e crear o censo de vivenda baleira que permitirá aplicarlle a estes a recarga do IBI –Imposto de Bens Inmobles–.
Rosón puxo en valor o impulso de todas estas medidas durante o mandato socialista de Sánchez Bugallo (2019-2023) do que ela formaba parte e urxiu o concelleiro de Vivenda, Iago Lestegás, a non só adoptar medidas a longo prazo «necesarias», senón tamén no «curto e no medio prazo». Máis alá de defender a acción do goberno, Lestegás afeoulle a Rosón que as parcelas que agora o Bipartito cedeu á Xunta «estaban en barbeito dende o ano 2004».
O edil de Vivenda insistiu en que na mesma situación que as parcelas atopou o goberno de Goretti Sanmartín os documentos para crear a empresa municipal de vivenda ou a inacción dentro do Rexistro de Soares, do que neste mandato saiu por primeira vez a poxa pública un inmoble da rúa do Espírito Santo, mentres outros dous soares recorreron xudicialmente a decisión de Raxoi.
Unha cuestión que non deixou pasar o edil popular José Antonio Constenla, que definiu a intervención de Rosón como unha «emenda á totalidade» da acción de goberno e que botou en falta que «non se fala de incentivos» para poñer vivenda no mercado residencial «nin de colaboración interadministrativa».
Sobre os inmobles baleiros
Dende a bancada socialista presentouse unha pregunta vencellada coas vivendas baleiras, máis de 6.000, aínda que non é unha cifra alta en comparación con outras cidades galegas. O PSOE insta a Raxoi a crear un censo, necesario non só para a recarga do IBI senón tamén é requerimento da declaración de zona tensionada.
Unha materia sobre a que Iago Lestegás tamén lembrou que non se fixo nada durante o pasado mandato socialista, «partimos de cero, ou máis ben de 6.198», en relación ás vivendas baleiras rexistradas. O edil explicou os traballos que se están a facer neste sentido e as dificultades que presentan pola deficiente xestión de datos da administración pública e asegurou que até o de agora só pode aplicarse a recarga a vivendas baleiras «propiedade de entidades financeiras» e fixo mención ao que recolle a lei: «Vivendas baleiras por máis de dous anos e de titulares con 4 ou máis inmobles».
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora
- Radiografía de las nuevas conexiones internacionales de Lavacolla: ¿por qué Roma y Varsovia?