Inseguridade
O PP de Santiago esíxelle ao goberno local que reaccione ante a «vaga de roubos en vehículos»
Dende a bancada popular seguran que non queren «xerar alarma» pero instan o executivo de Goretti Sanmartín a actuar antes de que medre o problema

Uno de los vehículos que sufrió daños durante el presunto robo / Cedida
O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, reclamoulle este mércores ao goberno de Goretti Sanmartín unha reacción ante a «vaga de roubos no interior de vehículos que está a afectar á cidade e que acumula xa decenas de persoas prexudicadas».
O edil popular José Ramón de la Fuente demandou no seu comunicado á prensa á necesidade de «poñer en marcha un dispositivo especial de vixilancia e prevención, reforzando a presenza da Policía Local nas zonas máis afectadas e intensificando a coordinación coa Policía Nacional».
«Non se trata de xerar alarma, senón de recoñecer o problema e actuar antes de que siga medrando. Negar ou minimizar o que está acontecendo non protexe os veciños», puntualizou o concelleiro De la Fuente, ao tempo que reclamou que se identifiquen os aparcadoiros e rúas nos que se concentra un maior número de roubos para reforzar neles a vixilancia e revisar as condicións de iluminación e seguridade.
Dende a bancada popular tamén lle piden ao goberno local que se informe a cidadanía sobre as medidas de prevención recomendadas para evitar seren vítimas destes roubos. O concelleiro De la Fuente insistiu no seu comunicado en remarcar que a seguridade require «anticipación, coordinación e presenza na rúa», e lembrou que o Partido Popular leva tempo advertindo do incremento da preocupación cidadá por esta cuestión en distintos puntos de Santiago.
«O goberno municipal non pode limitarse a esperar a que o problema desapareza. Debe exercer as súas competencias, colaborar co resto das forzas de seguridade e ofrecer unha resposta clara ás persoas afectadas», concluiu o concelleiro da formación liderada polo deputado Borja Verea.
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
- Los políticos compostelanos se toman un descanso: retorno a las raíces para desconectar de Raxoi