Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Recoñecemento

As concelleiras Non Adscritas piden a Medalla de Ouro de Santiago para o futbolista 'picheleiro' Borja Iglesias

Os catro edís defenden que: «Como campión do mundo merece o recoñecemento da súa cidade, pero, sobre todo, polos valores que representa»

Muíños, Castro, Rosón e Álvarez piden que Raxoi outorgue a medalla da cidade a Borja Iglesias

Muíños, Castro, Rosón e Álvarez piden que Raxoi outorgue a medalla da cidade a Borja Iglesias / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O edil Non Adscrito, Gonzalo Muíños, propuxo este xoves distinguir o futbolista Borja Iglesias coa Medalla de Ouro da cidade ao mérito deportivo, en recoñecemento á súa traxectoria tras converterse no primeiro galego en gañar a Copa do Mundo; e aos valores que representa dentro e fóra do terreo de xogo.

«Borja Iglesias é un referente que transcende con moito o fútbol. Como campión do mundo merece o recoñecemento da súa cidade, pero, sobre todo, polos valores que representa». A proposta tamén pon en valor o compromiso social do futbolista compostelán.

«Durante o Mundial», lembra o edil, «Borja Iglesias aproveitou a súa proxección pública para denunciar a homofobia, visibilizar distintas inxustizas sociais e criticar os elevados prezos das entradas da final, demostrando que entende o deporte como unha ferramenta para contribuír á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria».

Anteriormente, xa protagonizara un xesto «de enorme repercusión ao renunciar á convocatoria da selección absoluta en solidariedade con Jenni Hermoso». Esta última, unha decisión que cualifican de «valente» e que puxo de manifesto que «hai momentos nos que defender os principios está por riba do éxito deportivo».

«Borja Iglesias representa o talento, o compromiso, a humildade e a valentía. É un exemplo para moitas xeracións e un dos veciños máis universais que ten Santiago de Compostela. Por iso cremos que a cidade debe renderlle a homenaxe institucional que merece», concluíu Gonzalo Muíños.

TEMAS

Tracking Pixel Contents