Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Sanidade

Os socialistas de Santiago denuncian a situación do Hospital de Conxo pola falla de persoal durante o verán

O secretario xeral da formación local, Aitor Bouza, denuncia "a falta de planificación evidente" da Xunta e anuncia que levará esta cuestión ao Parlamento galego para reclamar solucións inmediatas

Aitor Bouza, secretario dos socialistas composteláns e deputado no Parlamento de Galicia

Aitor Bouza, secretario dos socialistas composteláns e deputado no Parlamento de Galicia / cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Santiago

O secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, denunciou este xoves a cancelación de citas no Servizo de Rehabilitación do Hospital de Conxo ata despois do verán e acusou a Xunta de non planificar a cobertura das vacacións do persoal. O dirixente socialista anunciou que levará esta situación ao Parlamento galego para reclamar solucións inmediatas.

Bouza defendeu que os usuarios «non poden agardar a que volvan de vacacións dende a Xunta» e que esta situación responde a unha «falta de planificación evidente», que está a interromper tratamentos que resultan esenciais para a recuperación dos pacientes. O deputado insistiu en que «non se lle pode botar a culpa a todas esas persoas que teñen dereito a desfrutar das súas vacacións»

O deputado no Parlamento de Galicia declarou que dende o PSOE «esiximos ao señor Rueda que poña unha solución inmediata» porque «vemos que este caos se suma xustamente a todos os que vimos coñecendo nos servizos de Urxencias e Atención Primaria estes últimos meses». Ao seu xuízo, trátase «dun recorte permanente á Sanidade Pública».

O secretario socialista explicou que a iniciativa do seu partido reclama garantir a continuidade asistencial durante todo o ano, cubrir todas as substitucións do persoal e elaborar un plan específico de cobertura estival para os servizos de rehabilitación de Galicia.

Tracking Pixel Contents