Manifestación do 25 de xullo
Pontón pon en valor a "vitoria social" de Altri no Día da Patria e reivindica "unha sociedade que quere vivir en galego"
A líder nacionalista chamou a "non poñerse límites" nas eleccións municipais do próximo ano
Pontón saca peito no Día da Patria pola "vitoria social" de Altri e reivindica "unha sociedade que quere vivir en galego" /

Como é tradición cada 25 de xullo, as rúas de Compostela énchense de milleiros de persoas que participan na manifestación polo Día da Patria que organiza o BNG. Nunha mañá de calor, con multitude de actos na zona vella da cidade, incluida a Ofrenda ao Apóstol, na que estaba a participar o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, a mobilización partiu ás 12.00 dunha abarrotada Alameda.
Bandeiras palestinas, estreleiras ou euskeras, entre tantas outras, compoñen unha paisaxe que ten como banda sonora gaitas, pandeiretas e cánticos ao berro de "Galiza ceibe, poder popular" ou "Queiran ou non, Galiza é unha nación".

Jesús Prieto
"Hoxe é un día no que celebramos o orgullo de ser galegos e galegas", sinalou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en declaracións antes de que botase a andar unha multitude na que se atopaba, entre outros, o político de Junts Jordi Turull. Para Pontón é "un día de unión no que se reclama un futuro mellor" que se escribe "cando defendemos a sanidade pública, a educación pública ou o que conseguimos este ano parando Altri". "Foi unha vitoria do pobo galego e unha derrota sen paleativos do PP", espetou.
"Neste país hai un cambio en marcha", proseguiu Pontón para, a continuación, sinalar que "temos un goberno que traballa en contra da nosa lingua". "Dende o BNG somos conscientes de que temos unha gran responsabilidade", alegou.
De Trump a Rueda
Tras percorrer parte do Ensanche e da zona vella, Pontón chegou á Praza da Quintana ao berro de "presidenta", onde pronunciou un discurso cheo de mensaxes políticas, entre elas unha feroz crítica ao presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, "unha ameaza evidente para a paz e a liberdade dos pobos". "Só neste ano secuestraron ao presidente de Venezuela, interferiron nas eleccións de Perú e Colombia, bombardearon Irán e intensificaron ata límites descoñecidos o criminal e cruel bloqueo contra Cuba", algo que, sinalou, "sempre fan en nome de grandes palabras como liberdade ou democracia para esconder os seus verdadeiros intereses".

Día da patria galega / Jesús Prieto / Jesús Prieto
Tamén houbo palabras de apoio a unha Palestina que "vencerá a Trump e levará a Netanyahu aos xulgados". Pontón remarcou, así, que hai "esperanza", posto que "a dinámica de cambio está en marcha". "Convén lembrarlles a Von der Leyen, a Macron ou a Merz" que "esta submisión a EEUU ten consecuencias, leva á autodestrución europea e, sobre todo, está levando as maiorías sociais a peores condicións de vida".
Do contexto internacional, a líder nacionalista pasou ao estatal: "Que dicir desa nube rancia, tóxica e casposa da política madrileña que contamina todo o que toca?". Pontón sacou peito polo traballo dos seus representantes na Cámara Baixa e na Alta, Néstor Rego e Carme da Silva, respectivamente, e destacou que "os feitos falan por si mesmos". "E despois de anos e anos de pelexa, a histórica transferencia da AP-9", ensalzou, ao tempo que sinalou que "por iso cada vez máis xente descobre que o máis útil para Galicia é apoiar o BNG".

Belén Teiga
Xa centrada na situación galega, cargou contra "a incompetencia" do goberno de Alfonso Rueda que "sofre" a mocidade, que vive "entre a precariedade e a emigración". "Se nalgo está a ser eficaz o PP é na desgaleguización do país", engadiu, poñendo o foco no uso da lingua. "Rueda deixa claro que segue detrás da pancarta contra o galego", dixo en referencia á manifestación na que o dirixente popular participou en 2009 para denunciar a "imposición lingüística".

Manifestación 25 de julio en Santiago / Jesús Prieto
En pleno debate sobre o pacto da lingua, presentado a pasada semana pola Consellería de Cultura, Pontón censurou que a Xunta mantén "o decreto da vergoña" e que por iso rexeita "reunirse comigo para falar sobre o futuro da lingua". "Hai unha sociedade que quere vivir en galego", reivindicou, ao tempo que falou de "dignidade".
"Que lle molesta ao PP de Moncho Reboiras?", cuestionou, sinalando que "non nos van calar nin intimidar". Por iso, a portavoz nacional do BNG chamou a que nas eleccións municipais de maio de 2027 "saiamos a gañar, sen poñernos límites".
- Borja Verea aspira a gobernar Santiago en 2027: «Un alcalde ten que ser útil»
- Una sola inyección para frenar la pérdida de visión: el nuevo tratamiento contra la degeneración macular
- Ni Ensanche ni Casco Histórico: los barrios de Santiago en los que el alquiler se come casi la mitad de la renta familiar
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- Una panadería de Santiago se cuela entre las mejores de España: 'Empecé vendiendo hamburguesas en Venezuela
