Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Crise habitacional

Iago Lestegás, concelleiro de Vivenda en Santiago: «As herdanzas repercuten no despoboamento da cidade vella»

O edil fala con EL CORREO do despoboamento da améndoa pero tamén dos traballos que se están a realizar en relación cos universitarios e coas vivenda de uso turístico

A cidade histórica de Compostela adoece de despoboamento, as vivendas de uso turístico e os condicionantes de ser patrimonio mundial expulsan parte da poboación

A cidade histórica de Compostela adoece de despoboamento, as vivendas de uso turístico e os condicionantes de ser patrimonio mundial expulsan parte da poboación / Antonio Hernández

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ana Triñáns

Ana Triñáns

Santiago

A vivenda baleira e o despoboamento da cidade vella foron obxecto de debate no último pleno. «Partimos de cero, ou concretamente de 6.198», respondíalle ao respecto o edil de Vivenda, Iago Lestegás, ao socialista Sindo Guinarte que preguntaba sobre as accións do goberno para resolver a cuestión dos inmobles non habitados nun momento de crise habitacional.

Tamén da problemática da cidade histórica falou o concelleiro con EL CORREO GALLEGO. As herdanzas, a protección patrimonial e o acceso de vehículos son, para Lestegás, algunhas das causas deste despoboamento.

O concelleiro de Vivenda fala da problemática das propiedades e das herdanzas, que agora intenta regularizar o país irmán Portugal, «agora está a tentalo Portugal, esta cuestión tena no debate político, porque a cuestión das herdanzas tamén repercute no despoboamento da cidade vella», di o concelleiro de Vivenda que non deixa de recoñecer que «a realidade da propiedade é moi complexa».

O concelleiro Lestegás pon atención a que esta problemática non se podo abordar a nivel municipal, «pero pódemolo facer a través do dereito civil galego», traballando sobre unha norma das herdanzas e tamén condicionada polo valor patrimonial da améndoa compostelá. «En vivenda baleira a porcentaxe galega é de 28,8%, mentres a española é do 14,4%», unha realidade non exenta do éxodo rural e da migración dos anos 50 e 60 que deixaron propiedades «bloqueadas» nas herdanzas.

O feito de non ter localizados os propietarios, os herdeiros, dos inmobles da cidade histórica son unha ‘pega’ máis á hora de poñer no mercado residencial vivenda a prezos asequibles. Mais non só, tamén a cuestión do «confort», as restriccións ao vehículo na améndoa, e a proximidade de servizos.

«Creo que si hai servizos na cidade histórica, aínda que podería haber máis», recoñece o concelleiro de Vivenda que pon, sobre todo, o foco nos vehículos particulares. «Entre 1990 e 2020 hai máis do dobre do número de vehículos, e ese coches hai que metelos nalgures, e as cidades históricas non se deseñaron para eles porque non existían».

Nesta cuestión o concelleiro aposta pola apertura da Praza de Abastos «algún día pola tarde» e desmente «hai un relato que non é certo» sobre as obras de accesibilidade das vivendas da cidade histórica, máis tendo en conta que a poboación compostelá, coma a galega e a europea, está avellentada. «Hai inmobles na améndoa que polo nivel de catalagación que teñen sofren un encaixe de accesibilide», á hora de poñer un ascensor, por exemplo, «máis complexo, máis laborioso», pero non imposible, en calquera caso.

Os universitarios

A maioría dos estudantes galegos da USC –Universidade de Santiago de Compostela– van e veñen en autobús, grazas tamén ás bonificacións do transporte público, pero é innegable tamén que esta opción deriva dos prezos do algueiro.

O edil de vivenda, que defende que «non podemos permitir que se convirta nun nicho de negocio de 900 euros ao mes», fala da súa experiencia como estudante e da necesidade de incorporar na ecuación o terceiro sector, «as entidades sen ánimo de lucro» e afirma conversas coa USC neste camiño.

«De Erasmus en Noruega vivín nunha residencia de máis de 2.000 prazas, non era unha residencia pública pero tiña prezos accesibles en Noruega, que non é un país barato, era dunha entidade do terceiro sector». O concelleiro ten no foco o reforzo do terceiro sector amparado pola lexislación que na actualidade no Estado español aínda non ten protagonismo.

«Aquí o terceiro sector é moi cativo, o plan estatal que se aprobou agora, para o próximo período, quere darlle máis espazo, pero son necesarias regras e sistemas normativos que non son competencia municipal».

«Temos que darlle espazo ao terceiro sector, que noutros países está proporcionando moitos espazos de aloxamento para estudantes a prezos moi accesibles», reivindica o concelleiro que asegura estar a traballar man con man coa universidade por este obxectivo.

As VUT e o REAT

Hai un desaxuste no rexistro de vivendas de uso turístico co que conta o Concello e co que contabiliza a Xunta de Galicia, que para a inscripción destas pisos non requiriu a pertinenta licenza municipal. O edil de Vivenda afirma rotundo que no REAT (rexistro autonómico de establecementos turísticos) «non debería haber ningún piso turístico que non tivese todas as autorizacións». Unha delas a licenza municipal.

Así e todo, o traballo local nesta materia dende xaneiro de 2024, dando conta á Xunta daqueles pisos que non contan con todos os documentos reduciu a cifra de pisos ilegais «un 26%». Un feito que converte Compostela nunha «anomalía, porque na maioría das cidade aumenta o número de pisos turísticos, aquí diminúe», atendendo á legalidade dos mesmos e na liña de «xestionar» o turismo «nun destino tan coñecido coma Santiago».

Tracking Pixel Contents