Servizos públicos
Ao fin ábrese o prazo para solicitar unha das 29 novas licenzas de taxi que Raxoi saca a concurso
O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, conta con que estean en funcionamento "no inicio da próxima primavera" e anuncia que a solicitude estará aberta até o 18 de setembro

Un taxi circulando polo Ensanche de Compostela / Jesús Prieto
O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, presentou este luns o acordo da xunta de goberno local para sacar a concurso 29 novas licenzas de taxi. Unha convocatoria que vai permanecer aberta dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) até o 18 de setembro. Duro, que estivo acompañado pola xefa do departamento, Lucía Castro, reivindicou que con este concurso, unido ao contrato de transporte urbano, "marcan definitivamente un novo tempo para a mobilidade de Santiago".
"Entendemos que é unha necesidade evidente o taxi, un servizo público que Compostela non está a ter correctamente cuberto dende hai moito tempo", recoñeceu Xan Duro, que lembrou que a capital galega leva co mesmo número de licenzas, 144, dende o ano 1998. "Dende aquela nin a cidade é a mesma, nin as necesidades son as mesmas, aínda que si é certo que se cumpre coa ratio legal dun taxi por cada mil habitantes a cifra de taxis é claramente insuficiente".
Nesta liña, o concelleiro explicou que dende Mobilidade se presentou "un informe moi exhaustivo" á Xunta de Galicia para xustificar "a necesidade desas 29 licenzas atendendo a cuestións como a presión turística ou a poboación vinculada". Por cada 100 residentes, concretou Duro, "temos 77 persoas con vínculos con Santiago por razóns de estudo ou de traballo", por exemplo, o que dá lugar a persoas que dormen máis de 14 noites ao mes no noso municipio. "Na última década, a cidade gañou 4.000 habitantes, máis de 200.000 peregrinos e máis de 1,5 millóns de pasaxeiros no aeroporto Rosalía de Castro", insistiu o edil.
Xan Duro comunicou tamén que a totalidade de licenzas van ser para vehículos adaptados porque "entedemos que se trata dun dereito universal e así foi falado co sector do taxi e con diversas entidades sociais".
Criterios de cualificación
O prazo de presentación ao concurso comeza ao día seguinte á publicación do mesmo no BOP e remata o 18 de setembro, un prazo "algo máis longo do habitual", explicou Xan Duro, porque entendemos "as dificultades que presenta o mes de agosto en canto a tramitación".
O canon para acceder á licenza quedou fixado en 88.000 euros logo da realización dun estudo de análise de custos e ingresos estimados por licenza, "así coma os prezos medio de traspaso, que se situa entre 140.000 e 150.000 euros".
Entre os criterios para adxudicación destas licenzas exclúense, segundo explico o concelleiro de Mobilidade "as persoas titulares de máis de dúas licenzas de taxi no municipio e mais as que realizaran a transmisión doutra licenza nos cinco anos anteriores a esta convocatoria".
Entre as puntuacións máximas que se poden conceder, Duro sinalou que se outorgarán "ata 50 puntos pola antigüidade do solicitante como condutor ou condutora asalariada de taxi con dedicación exclusiva e non propietaria da licenza". Ademais, pódense conseguir ata 35 puntos "por antigüidade como titular de licenza" e valorarase "o compromiso ambiental na elección dos vehículos para a prestación do servizos". Neste sentido unha certificación enerxética de cero emisións supón 15 puntos, 10 se a certificación é eco.
Unha vez feita a valoración das persoas solicitantes a cuestión volverá á xunta de goberno e remetiráselle á Xunta de Galicia, "que debe emitir un informe vinculante sobre o cumprimento do requisito para seren titulares de autorización interurbana de taxi". As 29 persoas solicitantes dispoñen de 20 días hábiles para presentar a documentación unha vez aprobada a concesión definitiva, e o inicio do servizo deberá facerse no prazo dun mes. O edil Xan Duro estima que as novas licenzas poderán entrar en funcionamento no "inicio da primavera" que vén.
- Un gallego licenciado en la USC, nuevo presentador de ‘Directo al grano’ tras la llegada de Gonzalo Miró a ‘Malas Lenguas’ en sustitución de Jesús Cintora
- Muere Luciano Pérez Villar, 'Chano', histórico referente de la hostelería compostelana
- María Meijide, la última vecina de un histórico edificio del Toural, deja Santiago: “Unha parte moi importante do meu traballo está aquí”
- Denuncia que cierran en Santiago su ciclo de FP a un curso de terminar sin darle opciones
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Una familia, 24 personas y 110 km: “Para mí el mérito es habernos juntado”
- La heladería que conquista a los peregrinos de Santiago con un sabor único en el mundo: 'Tenemos que reponerlo dos veces a la semana
- La lluvia desata una mañana caótica en Santiago y Oroso: tres accidentes con dos vehículos volcados en menos de una hora